Mary Wortley Montagu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Axuste de redac. Ligazóns.
Agremon (conversa | contribucións)
Liña 28:
 
== Separación ==
En [[1739]] deixou ao seu marido e continuou coa súa propia vida, e aínda que seguiron escribíndose afectuosamente, nunca máis se atoparon. En [[1740]] visitou a [[Horace Walpole]] en [[Florencia]], quen abrigaba cara a ela un gran rancor, e esaxeraba as súas excentricidades nunha confusa mestura (véxanse as súas «Cartas», ''Letters'', ed. Cunningham, i. 59). Mary foi cambiando de lugar de residencia: [[Aviñón]], [[Brescia]], [[Lovere]] ([[Lago Iseo]]). Estaba desfigurada por unha dolorosa enfermidade da pel, e os seus sufrimentos eran tan agudos que temía a posibilidade de caer na tolemia. Sufriu unha aguda crise mentres visitaba á condesa Palazzo e aos seus fillos, e quizáquizáis a súa condición mental fixo necesaria a diminución do ritmo da súa vida social. Cunha idade de sesenta e tres anos, a escandalosa interpretación que deste feito fai Horace Walpole pode descartarse con seguridade.
 
O seu marido acumulou diñeiro durante os seus últimos anos, e dicíase que á súa morte ([[1761]]) reunira unha suma millonaria. A súa extrema tacañería é satirizada nas antes citadas ''Imitations of Horace'' de Pope (segunda sátira do segundo libro), no retrato de Avidieu e a súa muller. A súa filla Mary, Condesas de Bute, cuxo marido era por entón Primeiro Ministro, rogoulle que volvese a Inglaterra. Lady Mary chegou a Londres para morrer o mesmo ano do seu regreso, o 21 de agosto de [[1762]]. O seu fillo [[Edward Wortley Montagu]], foi tamén un escritor e viaxeiro.