Diferenzas entre revisións de «Mariana Alcoforado»

m
sen resumo de edición
m
 
'''Sóror Mariana Alcoforado''', nada en [[Beja]] o [[22 de abril]] de [[1640]] e finada na mesma cidade o [[28 de xullo]] de [[1723]], foi unha [[monxa]] [[Portugal|portuguesa]] a quien se atribuíu a redacción das ''[[Lettres portugaises]]'' (1669), cinco famosas cartas amorosas consideradas unha obra mestra da [[literatura universal]].
 
''Lettres portugaises'' publicouse en París en 1669, e están dirixidas ao [[Noel Bouton de Chamilly|marqués Noel Bouton de Chamilly]], conde de Saint-Léger e oficial francés que loitou en chan portugués ás ordes de [[Federico de Schomberg]], durante a [[Guerra dade restauraciónRestauración portuguesaPortuguesa|guerra da restauración]].
 
== Traxectoria ==
Era filla de Francisco da Cunha Alcoforado, nado nos [[Cortiços (Macedo de Cavaleiros)|Cortiços]], en [[Macedo de Cavaleiros]], e da súa esposa Leonor Mendes. Tiña tres irmáns, Baltasar Vaz Alcoforado, Miguel da Cunha Alcoforado e Francisco da Cunha Alcoforado, e dúas irmás, Anna Maria da Cunha Alcoforado, esposa de Rui de Mello Lobo Freire, e Maria Peregrina Alcoforado.
 
Xa no [[testamento]] materno Mariana fora nomeada [[monxa]] e oseuo seu pai viúvo, ocupado en cometidos administrativos e militares, colocouna no convento da Concepción para a súa seguridade e educación.<ref name="EB1911">{{EB1911|inline=y|wstitle=Alcoforado, Marianna|volume=1|page=525|first=Edgar|last=Prestage|authorlink=Edgar Prestage}} Esta fonte asume a autenticidade das cartas.</ref>. Sen ningunha inclinación [[misticismo|mística]], estaba pois destinada á vida [[relixión|relixiosa]] como outros mozos e mozas da época por simple decisión familiar. O seu pai volvervolveu casar máis adiante e tivo outras dúas fillas, Maria da Conceição Alcoforado e Catarina Alcoforado, e foi nomeado [[cabaleiro]] da [[Orde de Cristo]] o 15 de decembro de 1647.
 
Os amores co [[marqués de Chamilly]], a quen vira por primeira vez na terraza do convento, dende onde asistía ás manobras do [[exército]], terían lugar entre 1667 e 1668. Sor Mariana pertencía á poderosa familia dos Alcoforados, e o escándalo probablemente se lastrou. Temeroso das consecuencias, Chamilly marchou de Portugal, pretextando a [[enfermidade]] dun irmán, prometendo enviar a buscala. Na súa espera en van, sería cando escribiu as cartas, que contan sempre unha historia igual: esperanza no inicio, incerteza despois e por fin convicción do abandono.
 
== Cartas portuguesas ==
As cartas, dirixidas ao Marqués [[Noël Bouton de Chamilly]], conde de Saint-Léger, contan comoocomo sor Mariana Alcoforado se namorou vendo o conde desfilar a cabalo, e como o seu propio irmán Baltasar lle facilitou o encontro con el. Escritas tralo regreso a Francia do conde, a monxa narra nelas a súa paixón.
 
As ''Lettres portugaises'' tiveron un notable éxito, chegando a influír en autores como [[Choderlos de Laclos]] ou [[Stendhal]].
2.683

edicións