Toponimia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 22:
Tamén en América se desenvolveran entrementres as investigacións toponímicas. No Canadá destacou [[Robert Douglas]]. Nos [[Estados Unidos de América]] cómpre salientar a [[Robert L. Ramsay]] como fundador de toda unha escola onomástica. Os esforzos canalizáronse a través da revista ''[[Names]]'', desde 1953, vinculada á [[Universidade de Berkley]]. Non faltan tampouco toponimistas en Latinoamérica: [[Ricardo L.J. Nardi]] na Arxentina ou [[Bernardo Pedral Sampaio]] no Brasil.
 
Para o estudo da toponimia galega, á parte dalgún dos antes citados (Leite de Vasconcelos, Menéndez Pidal, Coromines) son primordiais os estudos de [[Joseph-Maria Piel]], [[Abelardo Moralejo Laso]], [[Luís Monteagudo|Luís Monteagudo García]], [[Manuel Rabanal Álvarez]], [[José Luís Pensado Tomé]], [[Isidoro Millán González-Pardo]], [[José Santiago Crespo Pozo]], [[Juan José Moralejo Álvarez]], [[Eligio Rivas Quintas]], [[Nicandro Ares Vázquez]], [[Fernando Cabeza Quiles]], [[Gonzalo Navaza]], [[Edelmiro Bascuas]]. Non houbo unha revista especializada en Galiza ata que o irmán marista [[Manuel Rodríguez Rodríguez (relixioso)|Manuel Rodríguez Rodríguez]] (1898-1975) fundou o [[Seminario Fontán-Sarmiento de Hagiografía, Toponimia e Onomástica de Galicia]], en 1972, con sede no colexio maior Xelmírez, que publica un boletín. Mais a maioría dos traballos toponímicos están dispersos por varias publicacións, non sendo raro que mesmo aparezan en xornais.
 
== Clasificación dos topónimos ==