Compromiso de Caspe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Engado algunha información sobre as principais consecuencias de Caspe, como a unión dinástica ou os focos de resistencia ao poder de Fernando I.
Liña 1:
[[Ficheiro:acta original del Compromiso de Caspe.jpg|miniatura|dereita|Carta asinada en [[1412]] co compromiso de Caspe.]]
 
O '''Compromiso de Caspe''' (Compromís de Casp, en catalán) foi un acordo asinado en [[Caspe]] (Casp en catalán) o [[25 de xuño|28 de xuño]] de [[1412]] entre os reinos de [[Reino de Aragón|Aragón]] e [[Reino de Valencia|Valencia]] e o [[principado de Cataluña]] para designar sucesor no trono da [[Coroa de Aragón]], trala morte en 1410 de [[Martiño I de Aragón]]. Foi elixido como herdeiro [[Fernando I de Aragón|Fernando de Antequera]], da [[Casa de Trastámara]], co nome de [[Fernando I de Aragón]].
 
O Compromiso de Caspe supuxo a chegada ao trono da Coroa de Aragón da dinastía [[Casa de Trastámara|Trastámara]]. Esta dinastía reinaba na [[Coroa de Castela]] desde 1369, cando [[Henrique II de Castela|Henrique II]] subíu ao trono castelán. A finais do século XV, coa chegada ao trono de Castela dos [[Reis Católicos]], daría lugar á unión dinástica da Coroa de Castela e a Coroa de Aragón.
 
== Antecedentes ==
Liña 30 ⟶ 32:
En [[Caspe]], unha vila aragonesa de señorío do Papa Bieito XIII, reuníronse os nove compromisarios. A lista que saíu do parlamento aragonés incluía sete compromisarios próximos ao Papa, incluído frei Vicente Ferrer. O parlamento catalán foi incapaz de propoñer emendas á listaxe, de maneira que non foi sorpresa ningunha a vitoria de Fernando na votación final, celebrada o [[28 de xuño]] de [[1412]].
 
Fernando sumou os votos dos tres representantes aragoneses, dous de Valencia e un de Cataluña para ser proclamado rei de Aragón e dos demais estados da Coroa de Aragón. A súa autoridade foi rapidamente aceptada en toda a Coroa. Os propagandistas da nova dinastía, como frei Vicente Ferrer, apoiáronse na ascendencia aragonesa de Fernando: a súa nai, Leonor de Aragón, era irmá do finado Martiño I.
 
Só pequenos núcleos de resistencia se formaron no territorio da Coroa, en especial arredor dos dominios do conde de Urgell. Con todo, este nunca foi capaz de mobilizar suficientes tropas no seu favor. No outono de 1413 foi capturado e toda resistencia desapareceu.
 
==Notas==