Clara Zetkin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Ao igual que coa súa compañeira Kollontai, hai unha clara distorsión da súa personalidade. Ningunha das dúas foron feministas, nin se consideraron como tal (daquela xa existía o nome, non é algo que lle fose alleo). De feito, nos seus escritos criticaron o movemento feminino burgués (feminismo). Deixaron moi claro o carácter antagónico dos intereses que había entre as mulleres burguesas e as proletarias, no caso de Zetkin só hai que ler "Só coa muller proletaria triunfará o socialismo".
Liña 2:
{{biografía}}
[[Ficheiro:Zetkin luxemburg1910.jpg|miniatura|200px|dereita|Clara Zetkin (esquerda) e Rosa Luxemburg, en 1910.]]
'''Clara Zetkin''', nada como '''Clara Eißner''' en [[Wiederau]], [[Saxonia]] o [[5 de xullo]] de [[1857]] e finada en Arkhangelskoie, preto de [[Moscova]], o [[20 de xuño]] de [[1933]], foi unha profesora, xornalista e política marxista alemá, figura histórica do feminismo. Até 1917, militou no [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]] (SPD), despois uníuse ó [[Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña]] (USPD) na súa á esquerda, a [[Liga Espartaquista]], que se tornaría posteriormente [[Partido Comunista de Alemaña]] (KPD), ó que representaría no [[Reichstag]] durante a [[República de Weimar]] de 1920 a 1933.
 
== Traxectoria ==
Liña 12:
Por mor da prohibición das actividades socialistas por parte de [[Otto von Bismarck]] en 1878, Zetkin inicialmente se refuxiou en [[Zúric]] cara a 1882, e finalmente se dirixiu a [[París]]. Durante a estancia en París tivo un importante rol na formación da [[II Internacional]]. Adoptou o apelido do seu marido, o ruso Ossip Zetkin, con quen tivo dous fillos: Kostja e Maxim. Ossip morreu en 1889 e Zetkin casou 10 anos despois co artista Georg Friedrich Zundel, de 1899 a 1928.
 
Zetkin, canda [[Rosa Luxemburg]], foi unha das principais figuras da á máis á esquerda do SPD, confrontando as teses [[Revisionismo marxista|revisionistas]] de [[Eduard Bernstein]]. Ademais foi unha importante defensora dos dereitos da muller, entre os que cómpre salientar a loita pola igualdade de oportunidades e mailo sufraxio feminino, dándolle impulso ó [[Feminismo|movemento feminista]] en Alemaña.
 
De 1891 a 1917 editou o xornal feminista do SPD ''[[Die Gleichheit]]'' (Igualdade). Ela decidiu por vez primeira, en [[1910]]<ref>[http://socialistworker.org/2011/03/08/womens-place-in-the-revolution A woman's place is in the revolution], socialistworker.org {{en}}.</ref>, que o [[8 de marzo]] fose o "[[Día da Muller Traballadora|Día Internacional da Muller]]".
 
Durante a [[I Guerra Mundial]], Zetkin, canda a [[Karl Liebknecht]], [[Rosa Luxemburg]] e outros destacados políticos do SPD rexeitaron a política do partido denominada ''[[Burgfrieden]]'', que consistía no apoio ó goberno alemán deixando de lado o labor de oposición, incluíndo a non realización de folgas. Con outras activistas antibelicistas, Zetkin organizou unha conferencia internacional de mulleres socialistas contrarias á guerra en [[Berlín]] en [[1915]].