Compromiso de Caspe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:acta original del Compromiso de Caspe.jpg|miniatura|dereita|Carta asinada en [[1412]] co compromiso de Caspe.]]
 
O '''Compromiso de Caspe''' (Compromís de Casp, en catalán) foi un acordo asinado en [[Caspe]] (Casp en catalán) o [[25 de xuño]] de [[1412]] entre os reinos de [[Reino de Aragón|Aragón]] e [[Reino de Valencia|Valencia]] e o [[principado de Cataluña]] para designar sucesor no trono da [[Coroa de Aragón]], trala morte en 1410 de [[Martiño I de Aragón]]. Foi elixido como herdeiro da [[Coroa de Aragón]] [[Fernando I de Aragón|Fernando de Antequera]], da [[Casa de Trastámara]], co nome de [[Fernando I de Aragón]].
==Historia==
En [[1410]], ao morrer o seu tío o rei [[Martiño I de Aragón]] sen descendencia directa e lexítima, Fernando presenta a súa candidatura á sucesión do trono aragonés e, aínda que nun principio preséntanse ata seis candidatos ao trono e Fernando non é dos máis favorecidos, a caída en desgraza de [[Luís de Anjou]] (que non puido responder ás peticións de axuda militar das súas partidarios debido á gran distancia de [[Nápoles]])<ref name="María del Pilar Rábade Obradó">[[María del Pilar Rábade Obradó]] ''et al.'', ''La dinámica política'', Madrid, Istmo, 2005, p. 459. ISBN 84-7090-433-7</ref> impulsou a súa candidatura, que se converteu na máis potente xunto á de [[Xaime II de Urgell|Xaime de Urgell]].
 
== Antecedentes ==
Fernando, que contaba cun gran poder económico (a súa rede de señoríos era enorme),''Do seu pai herdou as vilas de Olmedo, Medina, Écija, Arjona, Valmaseda e Santa Gadea, o condado de Trastámara e unha conxunto de rendas. Nas Cortes de Guadalaxara de 1390, obtivo o señorío de Lara, as vilas de Medina del Campo, Cuellar e o ducado de Peñafiel. Ao casar con Doña [[Leonor de Alburquerque]] engrandeceu os seus dominios cos señoríos de Haro, Briones, Cerezo, Belorado, Ledesma, Alburquerque, Medellín, Villalón e Urueña'' cun sólido prestixio militar e o exército castelán á súa disposición, contou co apoio da familia valenciana dos [[Centelles (liñaxe)|Centelles]], da familia aragonesa dos [[Urrea]] e dunha parte substancial da burguesía barcelonesa. Isto, unido aos erros de Xaime de Urgell, entre eles a conspiración para asasinar ao arcebispo de Zaragoza, [[García Fernández de Heredia]], e ao apoio tanto de [[Bieito XIII, antipapa|Bieito XIII]], así como do seu confesor, [[San Vicente Ferrer|Vicente Ferrer]], inclinarán a balanza cara á candidatura de Fernando, que será referendado, o [[28 de xuño]] de [[1412]], no chamado Compromiso de Caspe ao ser proclamado rei de Aragón e dos demais estados da Coroa de Aragón.
 
===Morte sen descendencia de Martiño I===
O 31 de maio de [[1410]] morreu en Barcelona o rei [[Martiño I de Aragón]] sen descendencia directa e lexítima. O seu único fillo e herdeiro do trono, coñecido co sobrenome de Martiño o Mozo ([[Martí el Jove]], en catalán), morrera o ano anterior en Sardeña.
 
Os fillos dos dous matrimonios de Martiño o Mozo morreran en idade infantil. O único fillo varón que lle sobreviviu, [[Fadrique de Aragón]], era ilexítimo por nacer fóra do matrimonio. O rei Martiño I tentou sen éxito facer do seu neto o seu sucesor lexítimo. Ademais de bastardo, Fadrique era un neno de curta idade. Á morte do seu avó quedou practicamente sen partidarios.
 
=== Presentación de candidaturas ===
EnÁ [[1410]],sucesión ao morrertrono opresentáronse seuata tíoseis o reicandidatos. [[Martiño ILuís de AragónAnjou]] sen descendencia directa e lexítima, Fernando presenta a súa candidatura á sucesión do trono aragonés e, aínda que nun principio preséntanse ata seis candidatos ao trono e Fernando non éun dos máis favorecidosfavoritos, acaeu caídaaxiña en desgraza de [[Luís de Anjou]] (queporque non puido responder ás peticións de axuda militar dasdos súasseus partidarios debido á gran distancia de [[Nápoles]]), onde residía<ref name="María del Pilar Rábade Obradó">[[María del Pilar Rábade Obradó]] ''et al.'', ''La dinámica política'', Madrid, Istmo, 2005, p. 459. ISBN 84-7090-433-7</ref>. impulsouCon a súa candidaturatodo, queo seprincipal converteufavorito naá máissucesión potenteera xuntoo áconde de Urgell, [[Xaime II de Urgell|Xaime de Urgell]].
 
Xaime de Urgell, ademais de familiar directo do rei falecido, era o nobre máis poderoso do reino. Até poucos días antes da morte de Martiño I desempeñarase como procurador xeral de Aragón, un cargo tradicionalmente reservado ao herdeiro real. Con todo, Urgell tiña tamén poderosos inimigos, en especial no Reino de Aragón.
 
Fernando de Antequera, pola súa parte, era sobriño carnal do rei falecido. Ademais actuaba naquela altura como rexente de Castela, posto que o seu sobriño Xoán II era aínda un neno. Fernando contaba cun gran prestixio persoal, en boa medida debido á toma de Antequera, arrebatada ao reino de Granada en 1410, e cun gran patrimonio persoal. Na Coroa de Aragón contaba o apoio da familia valenciana dos [[Centelles (liñaxe)|Centelles]], da familia aragonesa dos [[Urrea]] e dunha parte substancial da burguesía barcelonesa. Por se fose pouco, Fernando empregou na defensa da súa candidatura a algúns dos xuristas máis prestixiosos do seu tempo, como [http://dbe.rah.es/biografias/61186/vicente-arias-de-balboa Vicente Arias de Balboa], bispo de Plasencia.
 
A candidatura de Fernando afianzouse grazas aos erros de Xaime de Urgell. A este foille atribuída unha conspiración para asasinar ao arcebispo de Zaragoza, [[García Fernández de Heredia]], en maio de 1411. Os partidarios do arcebispo reclamaron axuda militar a Fernando, que estacionou tropas castelás no reino de Aragón. Xaime de Urgell, en tanto, procurou o apoio do reino de Granada e de Francia, o que acabou por enfrontalo completamente a [[Bieito XIII, antipapa|Bieito XIII]], así como ao seu confesor, [[San Vicente Ferrer|Vicente Ferrer]].
 
=== Constitución dos parlamentos e Concordia de Alcañiz ===
Durante os meses finais de 1410 e o inicio de 1411, as candidaturas foron examinadas por comisións dos distintos reinos. A finais do verán de 1411, o parlamento de Aragón, completamente dominiado polos partidarios de Fernando, constituíuse en [[Alcañiz]]. O catalán estabeleceuse en [[Tortosa]], moito máis dividido. No reino de Valencia constituíronse dous parlamentos rivais, sen que ningún deles acabase de ter suficiente peso. O reino de Mallorca non constituíu un parlamento propio, senón que os seus representantes foron integrados no parlamento de Cataluña.
 
O 15 de febreiro de 1412 representantes de Cataluña e Aragón asinaron a Concordia de Alcañiz. Garantíase nela o respecto ás leis particulares de cada reino e sinalábase o proceso de elección do sucesor. Escollerían rei nove compromisarios, tres por reino. Requiríase maioría de dous terzos e, polo menos, un voto afirmativo por reino. O proceso de elección iniciaríase o 29 de marzo e non se debía prolongar alén do 29 de xullo.
 
=== Batalla de Codolar ===
A situación rematou de se inclinar a favor de Fernando coa derrota dos partidarios do conde de Urgell en Codolar, lugar próximo a [[Sagunt]], o 27 de febreiro. Esta batalla, na que participaron tropas castelás, supuxo o predominio dos partidarios de Fernando tamén no reino de Valencia. De feito, a cidade foi ocupada por membros da familia Centelles a finais de marzo.
 
== Compromiso de Caspe ==
En [[Caspe]], unha vila aragonesa de señorío do Papa Bieito XIII, reuníronse os nove compromisarios. A lista que saíu do parlamento aragonés incluía sete compromisarios próximos ao Papa, incluído frei Vicente Ferrer. O parlamento catalán foi incapaz de propoñer emendas á listaxe, de maneira que non foi sorpresa ningunha a vitoria de Fernando na votación final, celebrada o [[28 de xuño]] de [[1412]].
 
Fernando sumou os votos dos tres representantes aragoneses, dous de Valencia e un de Cataluña para ser proclamado rei de Aragón e dos demais estados da Coroa de Aragón.
 
==Notas==
{{listaref}}
 
== Bibliografía ==
{{Historia en progreso}}
Belenguer Cebrià, Ernest: Los Trastámara. El primer linaje real de poder político en España. Pasado & Presente, Barcelona, 2019, pp. 89-121.{{Historia en progreso}}
 
{{Control de autoridades}}