Proserpina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Cultura clásica}}
Lles (conversa | contribucións)
m Ligazóns
Liña 2:
{{formatoWiki}}
[[Arquivo:Proserpina.jpg|miniatura|[[Dante Gabriel Rossetti|Rossetti]], [[1874]].]]
'''Proserpina '''ou '''Prosérpina''', é unha antiga [[deusa]] cuxa historia é a base dun [[mitoloxía|mito]] da [[primavera]]. É a equivalente na [[mitoloxía romana]] á [[mitoloxía grega|deusa grega]] '''[[Perséfone]]'''. Proserpina foi subsumida polo culto de [[Libera (mitoloxía)|Libera]], unha antiga [[deusa da fertilidade]], esposa de [[Liber (deus)|Liber]]. É unha deidade de [[vida]], [[morte]] e [[Resurrección|resurección]].
 
== Mito ==
Liña 10:
[[Venus (deusa)|Venus]], para darlle amor a [[Plutón (deus)|Plutón]], enviou o seu fillo [[Cupido]] (tamén coñecido como [[Eros]]) para que acertase a Plutón cunha das súas setas. Proserpina estaba en [[Sicilia]], no lago [[Pergusa]] (próxima a [[Enna]]), onde se bañaba, xogaba con algunhas [[Ninfa (mitoloxía)|ninfa]]s e recollía flores. Entón Plutón xurdiu do próximo [[volcán]] [[Etna]] con catro cabalos negros e raptouna para se casar con ela e viviren xuntos no [[Hades]], o [[inframundo]] grecorromano, do que era gobernante. Plutón era tamén o seu tío, pois Xúpiter e Ceres eran os seus irmáns. Así pois, Proserpina é a Raíña do Inframundo.{{Sfn|Bulfinch|2006|p=63}}
 
A súa nai Ceres, deusa da [[natureza]], os cultivos ou a [[Terra]], marchou a buscala en van por todos os recunchos do mundo, mais non logrou atopar máis que un pequeno cinto que flotaba nun pequeno [[lago]] (feito coas bágoas das ninfas). Na súa desesperación Ceres detivo enfurecida o crecemento de froitas e verduras, e arrincouse os vestidos e rabuñouse a cara, caendo así unha maldición sobre Sicilia. Ceres rexeitou volver ao [[Olimpo]] e comezou a vagar pola terra, convertendo en [[deserto]] todo o que pisaba. Perdeu a súa [[fouce]] na cidade de [[Trapani]].
 
Preocupado, Xúpiter enviou a [[Mercurio (deus)|Mercurio]] para que mandase a Plutón que liberase a Proserpina. Este obedeceu, mais, antes de a deixar ir, fíxolle comer seis sementes[[semente]]<nowiki/>s de [[Milgrandeira|granada]] (un símbolo de fidelidade no [[matrimonio]]), de forma que tivese que vivir seis meses ao ano con el, podendo permanecer o resto coa súa nai. Explica así a [[primavera]] na mitoloxía romana: cando Proserpina volve coa súa nai, Ceres decora a terra coas flores[[flor]]<nowiki/>es de benvida, mais cando no [[outono]] volve ao Hades, a natureza perde as súas cores.
 
Noutra versión da historia, Proserpina comía só catro sementes de granada durante o seu [[rapto]], e facíao pola súa propia vontade. Cando Xúpiter lle ordenaba regresar, Plutón facía un trato con el, dicíndolle que, como Proserpina roubara as súas sementes de granada, debía permanecer catro meses con el cada ano en compensación. Por esta razón, na primavera, cando Ceres recibía a súa filla, as colleitas[[colleita]]<nowiki/>s brotaban e no [[verán]] florecían. No outono Ceres cambiaba as follas a tons de [[marrón]] e [[Laranxa (cor)|laranxa]] (as súas cores favoritas) como [[agasallo]] para Proserpina antes de que volvese ao inframundo. Durante a época na que esta vivía con Plutón, o mundo pasaba o [[inverno]], unha época na que a terra era [[Esterilidade|estéril]].
 
[[Ficheiro:Luca_Giordano_016.jpg|esquerda|miniatura|''O rapto de Proserpina'', <small>de</small> <small>Luca Giordano</small>, no <small>[[Palacio Medici Riccardi]]</small> , <small>[[Florencia]]</small>]]
 
O mito do rapto de Proserpina é descrito amplamente polo romano [[Claudiano]] ([[século IV]]). Por outra banda, nas ''[[Geórgicas]]'' de [[Virxilio]], a súa figura está estreitamente relacionada co mito de [[Orfeo]] e [[Eurídice]]: cando Orfeo entrou no inframundo para tentar levar de volta á vida á súa esposa Eurídice, morta pola mordedela dunha [[Hydrophiinae|serpe acuática]], é Proserpina a que impuxo a orde de que mentres permaneza nos seus dominios, Eurídice debía ir detrás de Orfeo mentres este acalmaba a [[Cérbero]] co seu [[canto]]. Porén, cando estaba a punto de abandonar o inframundo, Orfeo detívose e mirou cara a Eurídice, tras o cal esta foi arrastrada de novo cara ao Hades e Orfeo perdeu para sempre a súa amada.<ref>Virxilio, ''Geórgicas'' IV,453-527.</ref>
 
Os romanos dedicaban a esa deusa un [[festival]] realizado o día [[31 de maio]].
 
== Notas ==