Andria Zafirakou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
 
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Zafirakou medrou no noroeste de Londres nunha familia de orixe [[Chipre|greco-chipriota]] e formouse en [[Brent]] e [[Camden]]. Toda a súa experiencia docente se desenvolveu na escola comunitaria de Alperton e foi ascendida a xefa de departamento de Arte ao ano da súa chegada ao centro. Trátase dunha escola de secundaria cunha poboación escolar de orixe moi diversa. Na zona de Brent onde se atopa fálanse arredor de 130 linguas diferentes e Zafirakou aprendeu frases básicas usadas polo alumnado en 35 delas, entre as que se inclúen o [[lingua hindi|hindi]], o [[lingua gujarati|gujarati]] e o [[lingua támil|támil]], nun esforzo por estabelecer ligazóns co seu alumnado e as familias.[[Andria Zafirakou#cita nota-GuardianEd-1|<sup>[1]</sup>]]
 
<blockquote>“Ao conseguir que os alumnos se abrisen sobre a vida das súas casas, descubrín que moitos dos meus estudantes proceden de casas ateigadas onde varias familias comparten unha única propiedade.”</blockquote><blockquote>“A miúdo están tan abarrotadas e son tan barulleiras que algúns estudantes me din que teñen que facer os deberes no cuarto de baño para estar sós e poder concentrarse.”</blockquote><blockquote>“O incríbel é que sen importar os problemas que teñan na casa, sen importar o que lles falta na súa vida ou que lles fai dano, a nosa escola é súa.” <ref name=GuardianEd /></blockquote>