Cualedro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 228:
A capital municipal é o núcleo máis complexo. Na súa evolución durante o século XX aparecen dinámicas que non existen nos demais asentamentos do territorio. O seu xermolo é un núcleo tradicional, formado probablemente na idade moderna. O núcleo tradicional é compacto, denso e de bordos pechados, as características propias do modelo de asentamento.
 
O núcleo apóiase no camiño real que percorre o territorio de norte a sur, é dicir, de Portugal a Cualedro en dirección a Santo André e Vila de Rei; o punto no que este camiño se bifurca cara a Penaverde é a cabeza do núcleo. Trátase dun núcleo de tamaño medio, cunhas 128 vivendas. A estrada CV-220, que continúa na CV-8- e CV-315, produce un cruzamento importante sito tanxente ao núcleo. A súa extensión moderna en característica escuadra de casarío arrimado ás diferentes estradas, ocupa a parte central da agra. Malia o tamaño das expansións acontecidas ao longo do século XX, hai que pensar que na foto aérea do voo de 1959 só existen as edificacións que formalizan o cruzamento de estradas comarcais ata a nova igrexa, a Casa do Concello, o vello Cuartel da Garda Civil, o muíño eléctrico e varias casas próximas, unha ringleira de edificación auxiliar nun bordo da feira e outra ringleira residencial que fai a transición entre o núcleo tradicional e a nova estrada. Esta ringleira, probablemente a máis antiga das construcións citadas, é un claro exemplo de arquitectura urbana. A Alameda, xa formalizada en [[1959]], apunta o desenvolvemento de carácter urbano que se vai producir nas décadas seguintes. Todos os espazos e trazas sobre os que continuará este proceso están definidos na primeira metade do século XX e comezou entón a súa transformación de lóxica urbana: o Toural, a feira, o cruzamento da Alameda, e a contorna do muíño, algúns deles de orixe rural. Noutros núcleos de tamaño importante, como Lucenza oou Montes, hai un salto do núcleo tradicional á extensión de vivenda unifamiliar illada. Só en Cualedro, e en menor medida na Xironda, aparece un crecemento que segue unha lóxica de compactidade e xeración de espazo público. En Cualedro esta lóxica reviste un carácter urbano, que resulta máis dubidoso na Xironda, enmarcada nas funcionesfuncións de núcleo rural. A urbanidade da capital municipal é determinada, ademais de pola construción do espazo, polas actividades: administración municipal, Correos, GuardiaGarda Civil, comercio, parque, centro de saúde e colexio.
 
A actividade edificatoria nos últimos 30 ou 35 anos vén marcada por un proceso de nova edificación intenso. O núcleo tradicional de Cualedro experimentou os procesos comúns aos núcleos rurais. A introdución de nova edificación dentro das aldeas provocou a substitución dunha boa parte das edificacións tradicionais. A construción de vivenda unifamiliar fóra dos núcleos provocou, paralelamente, o abandono da vivenda tradicional. Dos vinte núcleos de poboación do termo municipal só a capital tiña nos anos 60 unha certa estrutura urbana. Isto permitiulle asumir o proceso de duplicación sen grandes custos medioambientais. A lectura do estado da edificación nos núcleos explica en que medida coexistiron ou se impuxeron os procesos novos aos tradicionais, dando conta da reversibilidade das súas consecuencias na calidade medioambiental dos asentamentos. O carácter e o estado material dos edificios é consecuencia dos diferentes graos de intervención nas últimas décadas, da situación respecto do núcleo tradicional e da idade da edificación.
 
No núcleo urbano de Cualedro a vivenda tradicional representa o 30 % do total, fronte ao 50 % no total do concello. O núcleo tradicional de Cualedro ten unha dinámica moi semellante á dos demais núcleos rurais; as expansións urbanas que se xeraron arredor afectaron levemente ao desenvolvemento do conxunto tradicional. Apréciase un lixeiro aumento na tendencia negativa: maior abandono e menor rehabilitación. As vivendas abandonadas e en ruínas supoñen o 30 % das vivendas tradicionais, e no conxunto do Municipiomunicipio alcanzan o 24,5 %. Respecto á rehabilitación de vivenda, no solo urbano realizáronserealizouse nun 9 % das vivendas tradicionais, mentres que no conxunto do municipio chegaronchegou ao 17 %. A substitución de vivenda no conxunto tradicional é tamén lixeiramente superior: un 34 % fronte a un 33 % de media no Municipiomunicipio. En calquera caso, a vivenda nova (segundo a análise dos Censos de poboación e vivenda dende 1961 ata 2001) experimenta un claro retroceso. Das vivendas construídas dende 1981 no territorio de Cualedro, só un 30 % corresponden á década 1991-2001. O núcleo urbano de Cualedro participa deste proceso, de xeito que a aparición de nova vivenda no chan urbano reflicte unha demanda moi baixa. A rehabilitación, aínda que por baixo da media municipal, é unha tendencia recente. Segundo o que se observa, tende a crecer lentamente e a absorber gran parte da demanda, en especial a de segunda vivenda.
 
=== Características da edificación ===
Liña 238:
 
==== A casa de agra ====
Trátase dunha edificación tradicional, resolta con materiais comúns a ela: pedra nos muros e vigas e forxados de madeira. Nos muros emprégase a técnica da [[cachotaría]], con pezas de [[cantaría]]. Os muros completos de cantaría son excepcionais. O núcleo de Cualedro recibe bo granito gris das canteiras próximas, polo que é este o material de construción xeneralizado. Aparecen con frecuencia grandes perpiaños longos e outras pezas de cantaría con certa abundancia, polo que a factura das construcións se sitúa por riba da calidade media. A casa media ten 6 m de fronte, 10 m de fondo e andar baixo e primeirosobrado. A superficie construída media por cada andar no núcleo de Cualedro cifrouse en 58,30 m², fronte aos 57,50 m² no conxunto do Municipio. Por iso a superficie útil total da vivenda estímase en 41,42 m², tendo en conta que o andar terreo estaría dedicado a cortello.
 
Nesta vivenda media, no sobrado teñen cabida dúas ou tres estancias: unha metade destínase a cociña (onde a pequena lareira é recentemente substituída por unha cociña bilbaína), que é a estancia principal e na que desembarca o patín exterior de acceso. O andar terreo destínase exclusivamente a cortello e almacén de aparellos, forraxe e comestibles. O patín, de cantaría, trátase dunha peza moi elaborada. O patín máis común colócase perpendicular á casa, e con forma truncada, de xeito que é máis estreito abaixo que arriba. Dependendo do trazado e a angostura da rúa, aparecen con moita frecuencia patíns en L, que poden adoptar solucións complicadas en dobre patín, ou polo contrario estreitos patíns paralelos ao muro. As edificacións en esquina poden adoptar un muro curvo polo que discorre o patín coa mesma forma. Non son frecuentes solainas e corredores, en especial nos edificios máis antigos, polo que nos patíns no núcleo de Cualedro se observan todo tipo de solucións arquitectónicas.
 
==== A arquitectura urbana ====
Esta tipoloxía acompaña a pegada urbana que tenta influír na formalización dos espazos públicos. Durante finais do século XIX e na primeira metade do século XX, non se trata dunha tipoloxía en por si, senón dunha tendencia no acabado e aparencia dalgúns edificios. En case todos os núcleos, pero en especial nos máis grandes, aparecen algunhas mostras de casas do s. XIX con aditamentos ennobrecedores, como relevos e balcóns. Esta arquitectura esténdese na primeira parte do s. XX. Nas extensións do núcleo de Cualedro avanza rapidamente cara a unha tipoloxía urbana con baixo comercial e arquitectura seriada. Gran parte da vivenda urbana xurdida no cruzamento de estradas corresponde aos anos 50 e 60 do século pasado, aínda que aparecen algúns exemplos anteriores. O andar terreo é un simple almacén, obradoiro, local comercial ou parte da vivenda, pero non cortello. En principio, xa que logo, responden a un medio de vida non estritamente rural. Tamén, coma noutros núcleos, aparecen substituíndo outros edificios ou colmatandoreenchendo leiras baleiras, aínda que tamén poden ampliar e reformar pezas dun só andar.
 
A principal diferenza respecto da vivenda tradicional é que se introduce a mellora dalgúns estándares: maior altura libre entre os forxados e vans de maior tamaño na vivenda, con balcóns e corredores. As cubertas son de tella plana, con solución dos beirís en madeira e sobresaíntes, cubrindo balcóns con reixas de forxa e pequenos corredores. Herdan os elementos do s. XIX, como pequenos balcóns e portas balconeiras. Introducen as carpinterías de ferro. Están construídas con perpiaño de granito gris local. A súa aparencia é lixeira –ao que axudan as delicadas galerías de ferro e os beirís longos- e ambientalmente están en escala. Esta arquitectura doméstica segue indo paralela a un proceso de simboloxía urbana e equipamento nas vilas de maior peso, como Cualedro, Lucenza ou A Xironda.
 
==== A nova vivenda unifamiliar ====
A nova vivenda unifamiliar responde á tipoloxía repartida por toda Galicia de casa illada dentro da parcela. Ten planta cadrada de polo menos 10x10 m emais baixo e unha altura. Na fachada principal ou perimetral aparece un corredor ou terraza exterior, ao que dan grandes xanelas. É frecuente adornar o tellado cunha ou varias chemineas. En Cualedro non era frecuente o faiado, pero máis recentemente levantáronse casas con esta solución, o que favorece o emprego do tellado a dúas augas con pincho alto e faiados. O garaxe colócase á parte, acaroado á casa ou ao peche da parcela. Este é un elemento que acada importancia visual, non sendo na zona demasiado alto (arredor de 1,5 m). Remátase con reixas, celosías e vexetación. A construción deste tipo de vivenda comeza nos anos 60 e continúa ata hoxe, variando o seu aspecto exterior segundo as tendencias e acabados máis vixentes, pero a tipoloxía básica permanece inalterableinalterada. No solo urbano de Cualedro aparecen ao longo das estradas CV-8 e CV-202 a medida que a vivenda entre medianeiras vai esponxándose.
 
== Patrimonio histórico e artístico ==