Diferenzas entre revisións de «Carlos VIII de Francia»

m
Educado na corte polo mestre humanista [[Guilleume Tardif]] herdou o trono con 13 anos, trala morte de seu pai, porén estivo baixo a rexencia de súa irma [[Ana de Beaujeu]] e seu cuñado [[Pedro II de Borbón]] ata a maioría de idade.
 
Trala invasión do [[CondadoDucado da Bretaña]] por parte da [[Reino de Francia|coroa francesa]] a herdeira do ducado, [[Ana da Bretaña]], foi forzada a casar con Carlos VIII, asinando un acordo segundo o cal no caso de non ter herdeiros casaría de novo co seguinte na lista de sucesión do trono francés.
 
Este acordo levouse a cabo a pesar de estar xa prometido Carlos VIII con [[Margarida de Austria]], porén os por aquel entón rexentes estableceron como prioridade anexionar o ducado. A pesar de todo Austria interpuxo protestas xa que legalmente Ana da Bretaña xa estaba casada, con [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I de Austria]], aínda que non chegara a consumarse, polo que as protestas non prosperaron. A [[voda]] levouse a cabo en [[Langeais]] o [[6 de decembro]] de [[1491]].
Tras acordos territoriais e económicos co [[Imperio austríaco]] e [[Inglaterra]] para contar coa súa non intervención, entrou en Italia con 30.000 homes en agosto de [[1494]]. En [[1495]] conquistou Nápoles pero foi derrotado polas tropas de [[Gonzalo Fernández de Córdoba]], baixo cuxo mando directo se atopaba o nobre galego [[Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas]], [[Conde de Andrade]].
 
Morreu en [[1498]] con tan só 27 anos de idade a causa dunha aplopexía. Pese a que tivo tres fillos e unha filla con Ana da Bretaña, todos eles morreron a moi temperá idade, quedando sen descendencia directa á súa morte. Así o trono pasou ao seu primo [[Luís XII de Francia|Luís de Orleans]], que subiría ao trono coma Luís XII de Francia.
 
{{Gobernante|
2.683

edicións