Ana Pontón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
'''Ana Belén Pontón Mondelo''', nada en [[Sarria]] o [[27 de xullo]] de [[1977]]<ref>{{Cita web|url=https://www.bng.gal/estaticas/parlamento-galego/|páxina-web=www.bng.gal|título=data de nacemento|data-acceso=18 de outubro de 2018}}</ref>, é unha política [[Pobo galego|galega]] do [[BNG|Bloque Nacionalista Galego]] (BNG). É a Portavoz Nacional do BNG desde 2016.
 
Foi candidata á Presidencia nas [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016|Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016]]. A inicios de 2020 foi elixida de novo pola militancia como candidata á Presidencia da Xunta de Galicia nas [[Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020|eleccións de abril de 2020]].
 
== Traxectoria ==
Liña 48:
A pesar das malas perspectivas electorais que auguraban as enquisas, o BNG conseguiu nas eleccións autonómicas do 25 de setembro case 120.000 votos, que se transformaron en seis deputados, só un menos que na lexislatura anterior. Case todos os medios sinalaron que a actuación da candidata na campaña –en especial nos debates electorais retransmitidos pola TVG<ref>{{Cita novas|data=13/09/2016|título=Feijóo críspase coa corrupción no debate e as esquerdas preséntanse como alternativa|url=https://praza.gal/politica/feijoo-crispase-coa-corrupcion-no-debate-e-as-esquerdas-presentanse-como-alternativa|data-acceso=5/4/2019}}</ref>– estiveron detrás duns resultados moderadamente satisfactorios para o partido. De feito, seis meses despois Ana Pontón foi reelixida Portavoz Nacional do BNG polo 98% dos votos da militancia, na XVI Asemblea do BNG.
 
Ante as dificultades dos demais partidos da oposición, Ana Pontón liderou en numerosas ocasións a fiscalización do goberno de [[Alberto Núñez Feijóo|Feijoo]]. Tras recibir o voto afirmativo das asembleas comarcais celebradas en decembro, o Consello Nacional do BNG revalidou o 11 de xaneiro de 2020 a súa candidatura á Presidencia da Xunta de Galicia nas [[Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020|eleccións de abril de 2020]].<ref>{{Cita novas|data=11/01/2019|título=O BNG proclama candidata á Xunta a Pontón, que aspira a liderar o "cambio" en Galicia como "presidenta"|url=https://praza.gal/politica/o-bng-proclama-candidata-a-xunta-a-ponton-que-aspira-a-liderar-o-cambio-en-galicia-como-presidenta|data-acceso=13/01/2019|apelidos3=|xornal=Praza Pública}}</ref>.
 
== Vida privada ==