Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Votacións
Lansbricae (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎De nada
Liña 209:
 
No referente a que me levou a propor a revogación é ao feito de que para un usuario novo que haxa 16 administradores pode significar que pense que xa amañarán eles as cousas, e que ademais non sendo un cargo honorífico senón de carácter práctico a lóxica semella indicar que deberían ser revogados "de oficio" por así decilo. Eu considero moi valioso que os que participamos nesto nos deamos conta das nosas limitacións ao tempo que tamén das virtudes, e a implicación no ordeamento e mantemento da información por parte dos usuarios e non só na edición algo fundamental. Un saúdo e grazas de novo polo diccionario de arquitectura, é moi bo, cos seus gráficos e todo, agora só me queda probar cun mosteiro e a linguaxe dos 70 describindo a arquitectura románica. [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 20:28, 6 novembro 2007 (UTC)
 
== De nada ==
 
Grazas a ti. Sempre souben que a xente que andamos por estes lugares temos máis cousas en común que diferencias. É unha mágoa que semelle que a situación non teña reversión. Supoño que moitos nos sentimos "Asesinados por el Cielo" (moi boa tamén) e xa non lle vexo maneira de que "Bailemos un pequeno vals vienés"... e iso que estamos todos aquí polo mesmo. Como non se solucione cunha gran xuntanza Galipedista, quizais podias facer algo, alugar un bo castelo por esas terras e nós aforrariamos para a viaxe e pagharche uns cacharros. Como alternativa máis modesta unha churrascada en Lansbricae (non me atrevo a dicir que poño eu a carne jeje) ;) Saúdos.