Igrexa de San Pedro de Ansemil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 59:
O '''muro occidental''' aparece prolongado por un contraforte que semella engadido con posterioridade. Ábrese cunha pequena seteira. No piñón do muro un carneiro cunha cruz en forma de trevo de brazos flexionados.
 
As ábsidas son rectangulares, sendo o central de maiores proporcións. As laterais cóbrense a unha auga e a central a dúas. O muro do testeiro da ábsida central ábrese cunha seteira. No muro lateral setentrional un beiril de chafrán recto con canzorros con cabeza de bóvido, folla picuda con poma, unha gran cabeza humana cuxo copro só se representa coas extremidades inferiores encollidas, un posible felino e un canzorro cuncunha gran baquetónmediacana no extremo superior. No muro lateral meridional presenta unha ventá rectangular moderna e unha cornixa similar á do oposto con canzorros que representan: un animal indeterminado, unha cabeza de bóvido, un canzorro de voluta, unha figura humana, un de tema irrecoñecible e unha cabeza de felino.
 
Na ábsida lateral setentrional, o muro do testeiro presenta unha pequena seteira e presenta por cornixa un beiril liso.