Casco de Leiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
O casco realizouse dunha única peza. Primeiro fundiron un calote, e posteriormente mediante un traballo de batido, foi levantada a lámina de ouro (mediante a técnica chamada ''rising''). O remate superior xa formaba parte desta peza inicial, polo que non se pode considerar que fose engadido posteriormente. Pola parte interior do obxecto pódese observar unha leve depresión efecto do fundido inicial con este remate macizo.
 
A peza presenta decoración en toda a súa superficie, feita mediante a técnica do [[repuxado]]. Os motivos, bolos, dispóñense en bandas horizontais separadas por grupos de tres baquetónsestrías paralelos (ata seis bandas) que desaparecen no remate. Presenta bolos simples e bolos rodeados de catro baquetónsfíos circulares concéntricos enmarcados entre catro boliños. En algúns depósitos europeos da Idade de Bronce Final, como por exemplo o de Generalard en Francia, consérvanse os punzóns de matriz complexa con que foron obtidos este tipo de decoracións. Estes punzóns complexos, en ocasións cunha parte en positivo e outra en negativo, están normalmente feitos en bronce pola técnica de fundición á cera perdida, polo que se considera propio da [[ourivaría]] do Bronce Final e, máis concretamente, do ámbito tecnolóxico denominado ''Villena-Estremoz''. De momento non coñecemos obxectos deste tipo no ámbito da península Ibérica.
 
En toda Europa hai referentes do emprego deste tipo de obxectos, algúns que semellan sombreiros (por exemplo os conos de Avanton en Francia, ou Ezelsdorf ou Berlín en Alemaña) e outros como cuncas ou vaixelas (como Villena ou os paralelos irlandeses). En todo caso, debe ser considerado pola súa singularidade como un obxecto ritual.