Diferenzas entre revisións de «Lingua alemá»

Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
m (Provincia autónoma de Bolzano)
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
O '''alemán'''<ref>{{DRAG|alemán}}</ref> (''Deutsch'', en alemán) é unha [[lingua]] [[linguas indoeuropeas|indoeuropea]] pertencente ao grupo das [[linguas xermánicas]] occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na [[Unión Europea]]. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de [[Alemaña]], [[Austria]], [[Suíza]], [[Provincia autónoma de Bolzano|Tirol do Sur]] ([[Italia]]), a comunidade xermánica de [[Bélxica]] e [[Liechtenstein]]. É tamén unha das tres linguas oficiais de [[Luxemburgo]]. As linguas máis semellantes ó alemán son outros membros da póla de linguas xermánicas occidentais: o [[Lingua afrikaans|afrikaans]], o [[Lingua neerlandesa|neerlandés]], o [[Lingua inglesa|inglés]], o [[Lingua frisoa|frisón]], o [[Lingua baixo alemá|baixo alemán]], o [[Lingua luxemburguesa|luxemburgués]] e o [[Lingua yiddish|yiddish]]. O alemán é a segunda [[Linguas xermánicas|lingua xermánica]] máis falada, despois do inglés.
 
Unha das [[lingua mundial|meirandes linguas do mundo]], o alemán é a primeira lingua de arredor de 95&nbsp;millóns de persoas en todo o mundo e a lingua nativa máis falada da [[Unión Europea]].<ref name="Ammon, 2014" /><ref>{{cita novas |url=http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/europe/germany/10128380/German-should-be-a-working-language-of-EU-says-Merkels-party.html |título=German 'should be a working language of EU', says Merkel's party |data=18 de xuño de 2013 |editor=[[The Daily Telegraph]] }}</ref> O alemán tamén é a cuarta lingua máis estendida (excluíndo o inglés) nos Estados Unidos de América<ref name="MLA">[[Modern Language Association]], febreiro de 2015, [http://www.mla.org/pdf/2013_enrollment_survey.pdf Enrollments in Languages Other Than English in United States Institutions of Higher Education, Fall 2013]. Consultado o 7 de xullo de 2015.</ref> (despois do [[Lingua castelá|castelán]], o [[Lingua francesa|francés]] e a [[lingua de sinais americana]]) e a terceira da Unión Europea (despois do inglés e o francés; como segunda lingua),<ref>{{cita web |url=http://ec.europa.eu/eurostat/documents/2995521/7008563/3-24092015-AP-EN.pdf/bf8be07c-ff9d-406b-88f9-f98f5199fe5a |título=More than 80% of primary school pupils in the EU were studying a foreign language in 2013 |autor= Editorial |data=24 de setembro de 2015 |páxina-web= |editorial=Eurostat |dataacceso=3 de maio de 2016 |cita= |formato=PDF}}</ref> a segunda lingua máis común no eido científico<ref name="goethe1">{{cita web |título=Why Learn German? |url=https://www.goethe.de/en/spr/wdl.html |editorial=Goethe Institute |dataacceso=28 de setembro de 2014 }}</ref> así como a cuarta máis empregada nas páxinas web (despois do [[Lingua inglesa|inglés]], do [[Lingua rusa|ruso]] e do [[Lingua xaponesa|xaponés]]).<ref>{{cita web |url=http://w3techs.com/technologies/overview/content_language/all |título=Usage Statistics of Content Languages for Websites, March 2017 |editorial= }}</ref> Os países de fala alemá están clasificados no quinto posto en termos de publicacións anuais de libros, cunha décima parte de tódolos libros (incluíndo libros electrónicos) do mundo sendo publicados en lingua alemá.<ref name="sdsu">{{cita web |título=Why Learn German? |url=http://german.sdsu.edu/why_learn_german.html |editorial=SDSU – German Studies Department of European Studies |dataacceso=28 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141023002656/http://german.sdsu.edu/why_learn_german.html |dataarquivo=23 de outubro de 2014 |urlmorta=si }}</ref>
 
A maioría do vocabulario do alemán deriva da antiga póla xermánica da familia lingüística [[Linguas indoeuropeas|indoeuropea]]. Unha parte das palabras alemás derivan do [[Lingua latina|latín]] e do [[Lingua grega|grego]], e só unhas poucas proveñen do [[Lingua francesa|francés]] e do [[Lingua inglesa|inglés]]. Conta con diferentes variantes estandarizadas (de Alemaña, de Austria e Suíza), e é unha [[lingua pluricéntrica]]. Ó igual que o inglés, o alemán salienta polo seu amplo espectro dialectal, con moitas variantes existentes en Europa e tamén noutras partes do mundo.<ref name="Ammon, 2014" /> Por mor a limitada intelixibilidade entre certas variedades e o alemán estándar, así como pola falta dunha diferenza científica e sen disputa entre "dialecto" e "lingua",<ref name="Ammon, 2014" /> algunhas variedades ou grupos dialectais do alemán (véxase [[Lingua baixo alemá|baixo alemán]] ou [[Lingua plautdietsch|plautdietsch]]<ref name="Goossens2000">Jan Goossens: ''{{lang|de|Niederdeutsche Sprache: Versuch einer Definition.}}'' In: Jan Goossens (Hrsg.): ''{{lang|de|Niederdeutsch: Sprache und Literatur.}}'' Karl Wachholtz, 2. Auflage, Neumünster 1983, S. 27; Willy Sanders: ''{{lang|de|Sachsensprache, Hansesprache, Plattdeutsch: sprachgeschichtliche Grundzüge des Niederdeutschen.}}'' Vandenhoeck & Ruprecht, Göttingen 1982, {{ISBN|3-525-01213-6}}, S. 32 f.; Dieter Stellmacher: ''{{lang|de|Niederdeutsche Sprache.}}'' 2. Auflage, Weidler, Berlin 2000, {{ISBN|3-89693-326-4}}, S. 92.</ref>) son coñecidas alternativamente como "linguas" e "dialectos".<ref name="Ethnologue (2015)">Sum of Standard German, Swiss German, and all German dialects not listed under "Standard German" at [[Ethnologue]] (18th ed., 2015)</ref>
149.662

edicións