Diferenzas entre revisións de «Iván Area»

m (periódica)
 
=== Xestión universitaria ===
Ten desempeñado distintos cargos en política e xestión universitaria. Entre eles, foi subdirector da E.T.S.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo; foi vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo<ref name="LaRegion 22032009"/> desde xuño de 2006 até a xuño de 2010. Entre outras, competencias en materia de política lingüística, mobilidade, gabinete de prensa, captación de estudantes, cátedras con empresas e institucións, orientación ao emprego, iniciativas empresariais, centro de linguas ou patrimonio cultural inmaterial. Tamén foi subdirector da E.E. Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo e delegado do Reitor na Comisión Interuniversitaria de Galicia, desde onde se coordinan as probas e o acceso á universidade.
 
DesdeDe 2017 éa 2020 foi o Secretario Xeral do Comité Directivo do [[CIMPA]] (Centro Internacional de Matemáticas Puras e Aplicadas)<ref>{{cita web |url=https://www.cimpa.info/en/steering_committee |dataacceso=30-11-2019 |título=Steering committee |lingua=en |páxina-web=CIMPA}}</ref>, centro [[UNESCO]] de categoría 2 que ten como misión a promoción das matemáticas en países en desenvolvemento. Con anterioridade foi membro do Comité de Orientación e Pilotaxe do dito organismo desde o ano 2010.
 
Foi coordinador xeral do proxecto Ronsel<ref name="LaRegion 22032009">{{cita novas |url=https://www.laregion.es/articulo/ourense/ivan-area-carracedo-71-universitarios-titulados-atopan-traballo-menos-meses/20090323105425080855.html |xornal=[[La Región]] |lugar=Ourense |título=Iván Area Carracedo: O 71% dos universitarios titulados atopan traballo en menos de seis meses |data=22-3-2009 |dataacceso=30-11-2019}}</ref> de salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial de Galicia, asinado entre a [[Xunta de Galicia]] e as tres universidades galegas, tema no que ten publicado distintos artigos e realizado comunicacións en congresos.
Usuario anónimo