Londres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hasley (conversa | contribucións)
m Undid edits by 62.117.230.107 (talk) to last version by InternetArchiveBot
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 84:
O goberno local de Londres tivo que loitar contra o rápido crecemento para ofrecer á cidade as infraestruturas axeitadas. Entre [[1855]] e [[1889]], a ''Metropolitan Board of Works'' supervisou os traballos de expansión, foi entón substituído polo ''County of London'', o cal foi á súa vez substituído polo ''London County Council'', a primeira administración da cidade elixida pola poboación.
 
O [[Blitz]] e outros bombardeos da [[Luftwaffe]] [[alemá]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]] asasinaron a máis de 30.000 londinienses e esnaquizaron boa parte da paisaxe urbana de Londres<ref>[http://myweb.tiscali.co.uk/homefront/arp/arp4.html "The Blitz"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080504053219/http://myweb.tiscali.co.uk/homefront/arp/arp4.html |date=04 de maio de 2008 }}, artigo de Peter N. Risbey (2002) {{en}}.</ref>. Os traballos de reconstrución tiveron lugar nas décadas de [[1950]], [[1960]] e [[1970]], estes traballos caracterizáronse pola súa diversidade de estilos, consecuencia do cal Londres non posúe un estilo arquitectónico unido. En [[1965]] as fronteiras políticas de Londres espalláronse para incluír as crecentes áreas urbanas fóra do distrito de Londres. A nova área foi chamada ''Greater London'' ou [[Gran Londres]] e pasou a ser administrada polo ''Greater London Council''.
 
Nas décadas vindeiras á Segunda Guerra Mundial, a cidade de Londres recibiu unha grande ondada de inmigrantes dos países da [[Commonwealth de Nacións|Commonwealth]] converténdose nunha das cidades máis diversas e multiculturais do [[Europa|continente europeo]]. A integración de todos estes novos habitantes non foi sempre doada, producíndose liortas, sobre todo nos distritos de Notting Hill e Brixton, aínda que estes enfrontamentos foron moito menores a outros acontecidos noutras cidades inglesas e doutras partes de [[Europa]] e de [[América]].