Turquía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 8 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
→‎Forzas armadas: texto traducido desde a wiki .es:Turquía#Fuerzas armadas
Liña 184:
As forzas armadas turcas son as segundas máis grandes das forzas armadas permanente da [[OTAN]] (despois das de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]), cunha forza combinada de 1.043.550 efectivos de persoal uniformado que prestan servizos nas súas cinco ramas.<ref>Economist Intelligence Unit:Turkey, p.23 (2005)</ref> Todos os cidadáns homes aptos están obrigados a servir no exército por períodos que van desde tres semanas a quince meses, dependendo da súa educación e lugar de traballo (os [[Homosexualidade|homosexuais]] teñen dereito a ser exentos, segundo a súa propia petición).<ref>{{Cita web |url=http://www.unhcr.org/home/RSDCOI/3c1622484.pdf |título=Turkey/Military service |autor=United Nations High Commissioner for Refugees (UNHCR), Directorate for Movements of Persons, Migration and Consular Affairs - Asylum and Migration Division |ligazón-autor=Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados |editorial=UNHCR |formato=PDF |dataacceso=28 de febreiro do 2020 |data=xullo de 2001 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20061122042609/http://www.unhcr.org/home/RSDCOI/3c1622484.pdf |dataarquivo=22 de novembro de 2006 }}</ref>
 
Turquía mantivo forzas en misións internacionais das [[Organización das Nacións Unidas|Nacións Unidas]] e a OTAN desde 1950, incluíndo a [[guerra de Corea]], as [[Forzas de Paz da ONU|misións de paz]] en [[Somalia]] e a ex [[Iugoslavia]], e brindou apoio ás forzas da coalición na [[Guerra do Golfo|primeira guerra do golfo]]. Turquía mantén 36.000 soldados na [[República Turca do Norte de Chipre]] e tivo tropas despregadas en [[Afganistán]] como parte da [[Forza Internacional de Asistencia para a Seguridade]] desde 2001.<ref>{{Cita web |url=http://www.tsk.mil.tr/eng/uluslararasi/isaf_int/tarihce.htm |título=Brief History of ISAF |autor=Turkish General Staff |editorial=Turkish Armed Forces |dataacceso=28 de febreiro do 2020 |data=2006 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20061007040912/http://www.tsk.mil.tr/eng/uluslararasi/isaf_int/tarihce.htm |dataarquivo=07 de outubro de 2006 |lingua=en |urlmorta=si }}</ref> En 2006, o Parlamento turco despregou unha forza de paz da mariña e ao redor de 700 soldados de terra como parte da [[Forza Provisional das Nacións Unidas no Líbano|Forza Provisional das Nacións Unidas para o Líbano]], por mor da [[Guerraguerra do Líbano de 2006]].<ref>{{Cita publicación periódica |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/middle_east/6069126.stm |título=Turkish troops arrive in Lebanon |xornal=British Broadcasting Corporation |dataacceso=28 de febreiro do 2020 |data=20 de outubro de 2006 |lingua=en}}</ref>
 
O xefe do [[Estado Maior]] Xeneral é nomeado polo Presidente, e é responsable ante o Primeiro Ministro. O [[consello de ministros]] é responsable ante o parlamento para asuntos de seguridade nacional e a adecuada preparación das forzas armadas para defender o país. Con todo, a autoridade para declarar a guerra e o despregamento das forzas armadas turcas a países estranxeiros ou para permitir que forzas armadas estranxeiras estacionen en Turquía corresponde unicamente ao parlamento.<ref name=ref_duplicada_1>{{Cita web |url=http://www.tsk.mil.tr/eng/genel_konular/savunmaorganizasyonu.htm |título=Turkish Armed Forces Defense Organization |autor=Turkish General Staff |ligazón-autor=Turkish Armed Forces |editorial=Turkish Armed Forces |dataacceso=15 de decembro de 2006 |data=2006 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070102173950/http://www.tsk.mil.tr/eng/genel_konular/savunmaorganizasyonu.htm |dataarquivo=2 de xaneiro de 2007 }}</ref>
 
== Xeografía ==