Airbus A220: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
*rentable -> rendible
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 136:
Se ben a montaxe do avión nos [[Estados Unidos]] podería eludir o 300% nos impostos propostos na CSeries pola petición de ''[[dumping]]'' por parte de [[Boeing]], o CEO de Airbus Tom Enders e o de Bombardier Alain Bellemare aseguraron que este factor non impulsara a asociación, aínda que as negociaciós comezaran en agosto despois da petición en abril de 2017, e como resultado Boeing tiña as súas sospeitas.<ref>{{cite web|url=https://leehamnews.com/2017/10/16/airbus-bombardier-cseries-deal-means-no-tariffs-us-assembled-aircraft-says-ceo/|title=Airbus-Bombardier CSeries deal means no tariffs on US-assembled aircraft, says CEO|publisher=Leeham|accessdate=19 de outubro de 2018}}</ref>
 
Coa forza corporativa de Airbus detrás, AirInsight anticipa que a cota da CSeries no mercado dos 100-149 asentos nos próximos 20 anos incrementarase do 40% de 5 636 avións ata o 55-60%, vendendo ao redor de 3 unidades.<ref>{{cite web|url=https://www.airinsight.com/re-examining-potential-market-cseries|title=Re-Examining the Potential Market for the CSeries|publisher=AirInsigt|accessdate=20 de outubro de 2018|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20181020120921/https://airinsight.com/re-examining-potential-market-cseries/|dataarquivo=20 de outubro de 2018|urlmorta=si}}</ref> Os cutos dos provedores poderían recortarse nun 30-40% grazas ao poder no mercado de Airbus. Unha versión alongada do avión permitiría a Airbus aumentar os substitutos da súa familia A320 para competir mellor co [[Boeing 797|New Midsize Airplane]] proposto por Boeing.<ref>{{cite web|url=http://aviationweek.com/commercial-aviation/airbusbombardier-c-series-deal-has-broad-implications|title=Airbus/Bombardier C Series Deal Has Broad Implications|publisher=Aviation Week Network|accessdate=20 de outubro de 2018}}</ref> Airbus asístirá a Bombardier na comercialización e no mantemento.<ref>{{cite web|url=https://www.economist.com/business/2017/10/19/why-airbuss-tie-up-with-bombardier-is-so-damaging-for-boeing|title=Why Airbus’s tie-up with Bombardier is so damaging for Boeing|publisher=The Economist|accessdate=20 de outubro de 2018}}</ref>
 
No [[Dubai Airshow]] en novembro de [[2017]] [[Embraer]] asegurou que supervisará a participación de Airbus na comercialización ata que se conceda a inmunidade antimonopolio, e que [[Brasil]] demandará a [[Canadá]] polos seus subsidios a Bombardier a través da [[Organización Mundial do Comercio]]. Embraer pensa que Airbus non será capaz de baixar os custos da cadea de subministración da CSeries o suficiente como para que sexa rendible, e ve ao avión pesado, caro e adaptado a rutas longas que exceden o alcance do seu [[E-jet E2]], cunhas capacidades operacionais que se farán coa meirande parte do mercado en canto sexa certificado e entre en servizo.<ref>{{cite web|url=http://aviationweek.com/commercial-aviation/industry-closely-watching-airbusbombardier-c-series-integration|title=Industry Closely Watching Airbus/Bombardier C Series Integration|publisher=Aviation Week Network|accessdate=20 de outubro de 2018}}</ref>