Dodro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Sanidade: cambiadas as ligazóns mortas
Liña 778:
A base económica corresponde preferentemente ó [[sector servizos]], estando practicamente a metade da poboación empregada neste sector. Un terzo da poboación activa de Dodro está empregada na [[Sector secundario|industria]], un 20 % dedicase a [[construción]], sendo a poboación que se dedica exclusivamente á [[Sector primario|agricultura e pesca]] unha porcentaxe pequena da poboación activa no concello de Dodro.
 
O número de persoas que traballa no sector agrícola diminuíu considerablemente nos últimos anos ó igual que en moitos outros concellos de Galicia, sobre todo debido á reestruturación que está experimentando o sector agrícola no noso país, tratándose dun complemento á economía familiar pero non como primeiro medio de subsistencia.
 
A [[agricultura]] local consiste principalmente nun sistema minifundista de explotación directa, tradicional e familiar, pouco mecanizada e baseada nun sistema de policultivo destinado ó autoconsumo. Os principais produtos son a [[pataca]], o [[millo]], [[Hortaliza|cultivos hortícolas]], [[froita]]s e [[Viño da Terra de Barbanza e Iria|viño]]; ségase a herba nos [[prado]]s e críanse [[porco]]s amais [[galiña]]s para producir [[Ovo (alimento)|ovos]], tratándose en xeral dun suplemento para a economía doméstica.