Comunidade Económica Europea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Taxa alfandegueira
Liña 2:
{{PoliticaUE}}
 
A '''Comunidade Económica Europea''' (CEE) foi unha organización internacional creada por un dos dous [[Tratados de Roma]] de [[1957]] (en vigor dende [[1958]]), coa finalidade de crear un mercado común europeo. Os Estados signatarios foron [[Francia]], [[Italia]], [[Alemaña]] (por aquel entón, só a [[República Federal Alemá]], non a [[República Democrática Alemá]]) e os tres países do Benelux ([[Bélxica]], [[Países Baixos]] e [[Luxemburgo]]). O tratado establecía un mercado e [[arancelTaxa alfandegueira|aranceis]] externos comúns, unha política conxunta para a agricultura, políticas comúns para o movemento da man de obra e dos transportes, e fundaba institucións comúns para e desenvolvemento económico. Estas institucións, posteriormente, no ano [[1965]], fusionáronse coas institucións da [[CECA]] e das do [[EURATOM]], grazas ao Tratado de fusión (ou [[Tratado de Bruxelas]]).
 
A CEE foi a máis famosa das tres Comunidades Europeas, e despois do [[Tratado de Maastricht]] (o TUE, onde se creou oficialmente a [[Unión Europea]]) cambióuselle o nome polo de [[Comunidade Europea]] (CE). Trala creación da Unión Europea, a CE (antiga CEE) pasou a formar parte do primeiro dos tres piares da Unión Europea (v. cadro á dereita).