Turquía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎República: texto traducido desde a wiki .es:Turquía#República
→‎República: texto traducido desde a wiki .es:Turquía#República
Liña 142:
Turquía entrou na [[segunda guerra mundial]] ao lado dos [[Aliados da segunda guerra mundial|aliados]] o [[23 de febreiro]] de [[1945]], como un xesto cerimonial e converteuse nun membro da [[Carta das Nacións Unidas]] en 1945.<ref name="Turkey_UN">{{Cita web |url=http://www.un.org/Overview/growth.htm |título=Growth in United Nations membership (1945-2005) |editorial=United Nations |dataacceso=30 de outubro de 2006 |data=3 de xullo de 2006}}</ref> As dificultades de Grecia despois da guerra debido á [[Guerra civil grega|guerra civil]] que estalou polo alzamento da [[Resistencia grega|antiga resistencia comunista]], xunto con demandas da [[Unión Soviética]] de bases militares nos estreitos de Turquía, conduciu a Estados Unidos a declarar a [[Doutrina Truman]] en [[1947]]. A doutrina enunciaba as intencións estadounidenses de garantir a seguridade de Turquía e Grecia, e deu como resultado a axuda militar a gran escala.<ref name="Truman Doctrine">{{Cita libro |título=Outposts and Allies: U.S. Army Logistics in the Cold War, 1945-1953 |nome=James A.|apelidos=Huston |editorial=Susquehanna University Press |ano=1988 |id=ISBN 0-941664-84-8 |url=http://books.google.com/books?vid=ISBN0941664848&id=ID4E3Lm8TsgC&pg=PA198&lpg=PA198&ots=Yg9KqG871J&dq=turkey+cold+war&sig=d5Xry3n-9lmlUZTnM6tpFBBtxOQ#PPA177,M1}}</ref>
Despois de participar coas forzas das Nacións Unidas no [[Guerra de Corea|conflito de Corea]], Turquía sumouse á Organización do Tratado do Atlántico Norte ([[OTAN]]) en [[1952]], converténdose nun baluarte contra a expansión soviética no Mediterráneo. Tras unha década de violencia intercomunal (entre [[turcochipriotas]] e [[grecochipriotas]]) na illa de [[Chipre]] e o [[Golpe de estado en Chipre de 1974|pronunciamento de xullo de 1974]], Turquía interveu militarmente na illa (1974). Nove anos máis tarde foi establecida a [[República Turca do Norte de Chipre]], recoñecida só por Turquía.<ref>{{Cita publicación periódica |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/europe/1021835.stm |título=Timeline: Cyprus |xornal=British Broadcasting Corporation |dataacceso=25 de febreiro de 2020 |data=12 de decembro de 2006}}</ref>
 
Tras o final do período de partido único (o CHP fundado por [[Mustafa Kemal Atatürk]]) en 1945, o período comprendido entre os anos [[1960]] e [[1980]] foi particularmente marcado por períodos de inestabilidade política que desembocou nunha serie de golpes militares.<ref name="TRPoliticsandMilitary">{{Cita libro |título=Turkish Politics and the Military |nome=William Mathew |apelidos=Hale |editorial=Routledge, UK |ano=1994 |isbn=0-4150-2455-2 |url=https://archive.org/details/turkishpoliticsm00hale }}</ref> A liberalización da economía turca que se iniciou na década de 1980 cambiou a paisaxe do país, con sucesivos períodos de alto crecemento e a crise da década seguinte.<ref name="80sLiberalization">{{Cita libro |título=Economics and Politics of Turkish Liberalization |nome=Tevfik F.|apelidos=Nas |editorial=Lehigh University Press |ano=1992 |id=ISBN 0-934223-19-X}}</ref>
 
O 15 de xullo de 2016 téntase un golpe de estado por parte dunha facción do exército contra o presidente [[Recep Tayyip Erdoğan|Erdoğan]]. O golpe foi rexeitado grazas ao apoio de centos de miles de cidadáns que saíron ás rúas en defensa da democracia e á maior parte do exército que se mantivo fiel ao goberno e ao presidente electo. O día 16 de abril de 2017 celebrouse un referendo para outorgarlle máis poder ao presidente Erdoğan, quen acabou gañando cun 51,3% dos escrutinios, polo cal Turquía pasou a contar cun sistema presidencialista.
 
== Xeografía ==