Manuel Ramón Barros Torres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Biografía}} '''Manuel Ramón Barros Torres''', coñecido como '''Rancheiro''', nado en Meis o 28 de abril de 1881, foi un agrarista e político galego...."
 
Xas (conversa | contribucións)
m completo info
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Emigrou a [[Arxentina]]. Ao seu regreso participou no movemento agrarista polo que sufriu represaliado do alcalde Salustiano Vidal. Integrouse en "La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis". Coa proclamación da República, e logo da repetición das eleccións municipais o 31 de maio, foi elixido concelleiro,<ref>''El Progreso'', 2-6-1931, p. 2.</ref> e nomeado primeiro tenente alcalde na corporación presidida por [[Ramón Abal Sabarís]]. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] foi detido. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por auxilio á rebelión o 17 de marzo de 1938 con [[Benito Güimil Prado]], [[José Vidal Fernández]], [[Camilo Abal López]] e [[Nemesio Outeda]],<ref>''El Pueblo Gallego'', 17-3-1938, p. 7.</ref> foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Internado no campo de concentración da illa de San Simón. Conmutáronlle a pena a dou anos de prisión menor e pasou a prisión atenuada, extinguindo a pena o 12 de xuño de 1939. Sufriu expediente de responsabilidades políticas en 1939.<ref>''El Pueblo Gallego'', 16-11-1939, p. 1, 5.</ref> Nos anos corenta agochou ao seu fillo [[Manuel Barros Chantada]] para evitar que fose detido.
 
== Vida persoal ==
 
Casou con Carmen Chantada e foi pai de [[Manuel Barros Chantada]].
 
== Notas ==
 
{{Listaref|02}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
Liña 22 ⟶ 20:
 
{{ORDENAR:Barros Torres, Manuel Ramón}}
 
[[Categoría:Galegos da Arxentina]]
 
[[Categoría:Concelleiros de Meis]]
[[Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República]]