Manuel Barros Chantada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m remato edición
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Labrego. En maio de 1936 afiliouse á "La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis". Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] participou na defensa da República colaborando na requisa de armas. Desprazado a Pontevedra, non chegou a capital ao ser informados da caída da cidade. De volta a Meis, tiveron un enfrontamento no Curro coa garda civil que lles inutilizou o automóbil. Fuxiu e agochouse até o 6 de novembro, cando foi chamado ao cuartel da garda civil de [[Cambados]]. Foi detido, déronlle unha malleira e abandonárono na beiravía dun camiño. Chamado a filas, incorporouse e foi destinado a [[Ferrol]] até que o 6 de xaneiro de 1937 foi asignado ao Rexemento de Infantería Mérida 35 destinado na fronte de Asturias. Trasladado a [[Soto de las Regueras]] o 7 de outubro decatouse de que ía ser fusilado xunto co seu curmán [[Marcial Chantada Barros]] e decidiu pasarse ao exército leal. Pasou a [[Trubia]] e despois a [[Xixón]], para ser destinado finalmente a [[Pola de Siero]]. Foi ascendido a sarxento e destinado a [[Puerto Puntón]]. Cando recibiu a noticia da rendición de Asturias emprendeu a fuxida a Xixón e logrou embarcar aínda que non puido chagarchegar a Francia, tendo que dar volta e atracar en [[Candás]]. de alí marchou andando a Xixón onde foi detido o día 22, e para evitar ser deportado deu unha identidade falsa. O 3 de decembro trasladárono á praza de touros, onde permaneceu até o 11 cando o trasladaron á fariñeira de Xixón. O 24 de febreiro foi trasladado á prisión de San Marcos en [[León]]. Foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión e condeno a 12 anos e un día de prisión. O 28 de xuño foi trasladado á prisión do [[mosteiro de San Pedro de Cardeña]] ate o 28 de agosto que o levaron á prisión provincial de [[Soria]] dende onde foi transportado a [[La Muedra]] para traballar nas obras de construción da presa de La Cuerda del Pozo onde aprendeu o oficio de canteiro. Permaneceu alí até o 11 de maio de 1942 cando lle comunicaron a súa posta en liberdade. Regresou a Meis para visitar a súa familia. Volveu traballar á presa até o remate das obras en 1943 e despois trasladouse a [[Covaleda]] pra traballar na construción de casas. Retornou a Meis e agochouse nun refuxio habilitado na casa dos pais. Durante o tempo que estivo agochado imprimiu panfletos de propaganda antifascista nunha imprenta de man e fixo pintadas axudado por [[Manuel Abal Maquieira]]. Solicitou o indulto en base ao decreto de 9 de outubro de 1945 e foille concedido. En 1947 intentou emigrar a [[Venezuela]], pero ao serlle denegado o visado de entrada polos seus antecedentes político, marchou á [[Arxentina]]. Alí casou con Basilisa González Álvarez. En 1972 visitou Meis e recuperou o caderno de notas escrito durante o seu cativerio. En base a el escribiu en 1980 ''Relato y memorias de un prisionero cautivo de facto del "General Franco"''. Finado en 1987, foi soterrado no Cemiterio de La Paz (Madrid). En xaneiro de 2011 as súas cinzas foron trasladadas ao cemiterio de San Salvador de Meis.
 
== Véxase tamén ==