José Manuel Arribas Hermida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo grallas
Xas (conversa | contribucións)
m completo info
Liña 1:
{{Biografía}}
'''José Manuel Arribas Hermida''', nado en [[Lérez, Pontevedra|Lérez]] ([[Pontevedra]]) o [[7 de marzo]] de [[1902]] e finado no [[O Marco, Meis, Meis|Marco]] o [[7 de agosto]] de [[1977]], foi un político galego.
 
== Traxectoria ==
Labrego. Casou con Melania Martínez e trasladouse a vivir ao [[O Marco, Meis, Meis|Marco]] ([[Meis]]). Tiña un negocio relacionado coa leite e creou unha empresa vinculada á liña de autobús Pontevedra-Vilagarcía. Fundou en 1934 a sociedade agraria "Fraternidad Obrera de Labradores de Meis" da que foi elixido presidente. Foi detido en decembro de 1934 xunto co secretario da sociedade [[Rosendo Rodríguez Ozores]].<ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', 25-12-1934, p. 13.</ref> Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Meis o 15 de marzo. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] o Concello de Meis foi rodeado e tomado polas forzas sublevadas o 21 de xullo, José Manuel refuxiouse na reitoral de [[Besomaño, Ribadumia|Besomaño]]. Foi detido e internado no cárcere de Cambados, pasando despois ao de Pontevedra onde foi xulgado en consello de guerra o 14 de abril de 1937. Foi condenado a cadea perpetua por "auxilio á rebelión", conmutada a 17 anos de reclusión. Internado no campo de concentración da [[Illa de San Simón]], foi trasladado despois á fortaleza de San Cristóbal en Pamplona o 11 de outubro. Participou na fuga masiva o 22 de maio de 1938. Capturado, permaneceu na cadea ate que logrou a prisión atenuada no seu domicilio do Marco o 13 de setembro de 1940. En febreiro de 1944 conmutáronlle a pena por un ano de prisión menor. Finalizou a pena da sentencia o 8 de agosto de 1966.
 
{{Start box}}
Liña 14:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil|nome= Mario|apelidos= Gallego Rei|autor2= Milleiro Sánchez, Celso Xavier|autor3= Moreira Docampo, Xosé Manuel|ano= 2012|editorial= Ir Indo|lugar= Vigo|isbn= 978-84-7680-692-0|páxinas= 5149-152|dataacceso= |url=}}
 
* {{Cita publicación periódica |autor1= Milleiro Sánchez, Celso Xavier|autor2= Gallego Rey, Mario|ano= 2007|título= Xosé Arribas: un lerezán alcalde de Meis|revista= Cedofeita|volume= |número= 11|páxinas= |editor= |doi= |url= http://cedofeita.arcanaverba.org/rc11/arribas010.pdf}}
 
=== Ligazóns externas ===
* {{Nomes Voces|494}}
 
* {{Nomes Voces|494}}
* [http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2007/12/30/lerezano-alcaldia-meis/0003_6442484.htm Un lerezano en la alcaldía de Meis] en ''[[La Voz de Galicia]]''