Fresadora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 13 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 232:
Un [[mecanismo divisor]] é un accesorio das máquinas fresadoras e doutras máquinas ferramentas como [[trade]]s e [[mandrinadora]]s. Este dispositivo fíxase sobre a mesa da máquina e permite realizar operacións espazadas angularmente respecto dun eixo da peza a mecanizar. Utilízase para a elaboración de [[engrenaxe]]s, [[prisma]]s, [[escariador]]es, eixos rañurados etc.
 
A peza a mecanizar axústase ao eixo de traballo do divisor, entre o punto do divisor e un contrapunto. Ao fresar pezas [[esbeltez|esveltas]] utilízanse tamén [[luneta]]s ou apoios de altura regulable para que as [[deformación]]s non sexan excesivas. O divisor directo incorpora un disco ou prato con varias circunferencias concéntricas, en cada unha das cales hai un número diferente de buracos espazados regularmente. Nun destes buracos sitúase un [[Ferrollo|pasador]] que vira solidariamente coa [[manivela]] do eixo de mando. Se o divisor está automatizado, a división realízase de forma automática, utilizando un disco apropiado para cada caso. Este sistema emprégase en mecanizar grandes cantidades de eixos rañurados por exemplo. A [[relación de transmisión]] entre o eixo de mando e o eixo de traballo depende do tipo de mecanismo divisor que se utilice. Hai tres tipos de mecanismos divisores: divisor directo, divisor semiuniversal e divisor universal.
 
Un divisor directo ten un [[árbore de transmisión]] que, por un extremo ten unha punta cónica para centrar o eixo a peza, e polo outro accionase directamente pola manivela. Algúns destes divisores, en lugar de ter discos intercambiables con buracos circunferenciales, teñen rañuras periféricas e o pasador de retención sitúase perpendicularmente ao eixo de mando.