Wolfgang Amadeus Mozart: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 9 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 163:
=== Último ano de vida ===
{{VT|Último apartamento de Wolfgang Amadeus Mozart}}
O último ano de vida de Mozart, [[1791]], foi, ata a súa enfermidade final, un tempo de gran produtividade e, en certo sentido, un tempo de recuperación persoal.<ref>[[#Solomon|Solomon]], sec. 30</ref> Realizou numerosas composicións, incluíndo algúns dos seus traballos máis admirados: a ópera ''[[A frauta máxica]]'' (''Die Zauberflöte'', KV&nbsp;620), o último concerto para piano e orquestra (''[[Concerto para piano n.º 27 (Mozart)|n.º 27 en si bemol maior]]'', KV 595), o ''[[Concerto para clarinete (Mozart)|Concerto para clarinete en la maior]]'' KV 622, o último da súa gran serie de [[quinteto de corda|quintetos de corda]] ([[Quinteto para cordas n.º 6 (Mozart)|KV 614 en mi bemol maior]]), o [[Motete|mottetto]] ''[[Ave verum corpus (Mozart)|Ave verum corpus]]'' KV&nbsp;618 e o inacabado ''[[Réquiem (Mozart)|Réquiem en re menor]]'' KV&nbsp;626.
A situación financeira de Mozart, unha fonte de ansiedade extrema en 1790, finalmente comezou a mellorar, xa que, aínda que as evidencias non sexan concluíntes<ref name="solomon 1995 477">[[#Solomon|Solomon]], p. 477</ref> apareceron patrocinadores ricos en [[Hungría]] e [[Ámsterdam]] prometendo anualidades a Mozart a cambio de composicións ocasionais. Probablemente tamén se beneficiou da venda de música de baile composta no seu papel como compositor de cámara imperial.<ref name="solomon 1995 477" /> Mozart non volveu pedir diñeiro prestado a Puchberg e comezou a facer fronte ao pago das súas débedas.<ref name="solomon 1995 477" />