Rafael: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 37:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Giovanni Santi - Christ supported by two angels.jpg|miniatura|170px|esquerda|[[Giovanni Santi]], pai de Rafael; ''Cristo suxeitado por dous anxos'', c.1490]]
Rafael naceu en [[Urbino]], pequena cidade da Italia central, na rexión das [[As Marcas|Marcas]], pero importante desde o punto de vista artístico,<ref group="n.">June Osborne, ''Urbino: The Story of a Renaissance City'', páx. 39 di da poboación que habería uns «poucos miles" como moito; aínda hoxe en día conta con 15.000 habitantes si non se contan os estudantes universitarios</ref> onde o seu pai [[Giovanni Santi]] (1435-1494) era pintor da corte do duque. A reputación da corte fora establecida por [[Federico da Montefeltro]], un [[condottiere]] con gran fama que fora nomeado [[Urbino#Centro feudal|duque de Urbino]] polo Papapapa [[Sisto IV, papa|Sisto IV]] - Urbino formaba parte dos [[Estados Pontificios]] - e que morreu no ano anterior ao nacemento de Rafael. Os intereses da corte de Federico eran máis ben literarios que non artísticos, pero Giovanni Santi era poeta, ademais de pintor, e escribira unha crónica rimada da vida de Federico e escribía e facía os decorados das [[mascarada]]s para o entretemento da corte. O seu poema a Federico móstrao como gran coñecedor dos principais pintores do norte de Italia, así como os [[Pintura flamenga (séculos XV e XVI)|primitivos flamengos]]. Na pequena corte de Urbino, Giovanni foi integrado no círculo íntimo da familia nun grado superior ao que era habitual noutras cortes italianas.<ref>Jones & Penny (1983), pp. 1-2</ref>
 
A Federico sucedeulle o seu fillo [[Guidobaldo da Montefeltro]], quen se casou con [[Elisabetta Gonzaga]], filla do caudillo de [[Mantua]], a máis brillante entre as pequenas cortes italianas en canto á súa vida musical e artística. Baixo o seu goberno, a corte seguiu sendo un importante centro de cultura literaria. Crecer no seo desta pequena corte deulle a Rafael a oportunidade de aprender os xeitos pulídos e as habilidades sociais tan encomiadas nel por Vasari.<ref>Vasari:207 & passim</ref> A vida cortesá de Urbino nesta época, sería pouco despois considerada por [[Baldassare Castiglione]] na súa obra'' [[Il Cortegiano]]'' ([[1528]]) como modelo de virtudes dunha corte humanista italiana. Castiglione instalouse en Urbino en 1504, cando Rafael xa non residía, aínda que visitaba a miúdo a cidade, e convertéronse en grandes amigos. Outros visitantes habituais da corte tamén se converterían en amigos seus: [[Bernardo Dovizi da Bibbiena|Pietro Bibbiena]] e [[Pietro Bembo]], ambolos dous despois nomeados [[cardeal|cardeais]], e que xa eran coñecidos entón como bos escritores, estes vivirían en Roma mentres Rafael tamén residiu. Rafael moveuse con comodidade nas altas esferas sociais durante toda a súa vida, o que foi un dos factores que contribuíron a dar unha falsa impresión dunha carreira artística fácil. Con todo, non recibiu unha completa educación [[humanismo renacentista|humanística]], polo tanto non se sabe con claridade se lía facilmente en latín.<ref>Jones & Penny (1983), p. 204</ref>