...And You Will Know Us by the Trail of Dead: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 23:
Os dous comezaron a tocar como un dúo baixo o nome de "You Will Know Us by the Trail of Dead". A banda ampliouse finalmente para incluír ao guitarrista Kevin Allen e ao baixista Neil Busch. Despois alongaron oficialmente o seu nome a ...And You Will Know Us by the Trail of Dead. A moza de Olympia de Conrad, Deanne Rowley (despois Deanne McAdams), tocou brevemente con eles como guitarrista de apoio ao vivo.<ref>{{Cita web|url=https://www.legacy.com/obituaries/theolympian/obituary-preview.aspx?n=deanne-rowley-mcadams&pid=153018206&referrer=2066|páxina-web=The Olympian|título=Deanne Rowley McAdams Obituary|data-acceso=24 de febreiro de 2020}}</ref>
 
Segundo a páxina web da banda, o nome foi collido dun antigo canto ritual maia, que amosa unha sorprendente semellanza cun antogo canto exipcio.<ref>{{Cita web|título=...And You Will Know Us By The Trail of Dead // Why is the Trail of Dead?|url=https://web.archive.org/web/20050930200939/http://trailofdead.com/why/|páxina-web=web.archive.org|data=2005-09-30|data-acceso=2020-02-24}}</ref> Aínda que a banda tamén declararou, porén, que era sinxelamente unha broma.<ref>{{Cita web|título=...Trail of Dead - Interview with Conrad Keely - openingbands.com|url=https://web.archive.org/web/20090418001114/http://www.openingbands.com/printerfriendly.race?ID=629|páxina-web=web.archive.org|data=2009-04-18|data-acceso=2020-02-24}}</ref>
 
=== Ascenso e éxito ===
No ano [[1995]] publicaron o seu primeiro lanzamento, unha canción titulada "Novena Without Faith" nun recompilatorio en casete chamado ''Austin Live Houses'', seguido por outro casete autotitulado de catro temas editado a través de Golden Hour. En xaneiro de [[1998]] publicaron o álbum ''[[...And You Will Know Us by the Trail of Dead (álbum)|...And You Will Know Us by the Trail of Dead]]'' a través do selo [[Trance Syndicate]].
 
Trail of Dead fichou pouco despois coa discográfica [[Merge Records]] despois de que Trance Syndicate desaparecese. A banda publicou ''[[Madonna (álbum de ...And You Will Know Us by the Trail of Dead)|Madonna]]'' a través de Merge a finais de [[1999]], e xirou polos Estados Unidos abrindo para os seus compañeiros de selo [[Superchunk]] para promocionar o disco. Despois asinaron un contrato con [[Interscope Records]] e lanzaron o EP ''[[Relative Ways]]'' en [[2001]].
 
== Discografía ==