Sabor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
consume > consome
Miguelferig (conversa | contribucións)
homonimia
Liña 8:
O verdadeiro sabor dos alimentos detéctase nos sensores específicos existentes en diferentes partes da [[lingua]]. Estes sensores denomínanse [[papila gustativa|papilas gustativas]]. Os seres humanos conteñen preto de 10.0000 destas papilas. A parte determinada polo gusto limítase ao [[sabor doce|doce]], [[sabor amargo|amargo]], [[sabor acedo|acedo]], [[sabor salgado|salgado]], e outros sabores básicos, pero o cheiro da [[comida]] é moi variado. O primeiro, ademais, pode ser alterado cambiando tan só o seu cheiro. Un exemplo disto son os [[caramelo]]s con saborizantes artificiais, nos que, para mudar o seu sabor, empréganse distintas esencias e [[fragrancia]]s. Por iso, aínda que o termo "saborizante" fai referencia ao sabor, ese mesmo termo úsase para referirse a fragrancias e esencias para alterar o sabor de certo alimento. As papilas gustativas específicas concéntranse en certas áreas da lingua, por exemplo os sabores doces percíbense con maior intensidade na punta da lingua, mentres que os sabores amargos experiméntanse con maior intensidade nas zonas laterais da lingua<ref>Huang A. L., et al.</ref><ref>http://www.nature.com/nature/journal/v442/n7105/abs/nature05084</ref><ref>html http://www.scenta.co.uk/Home/1061938/how-sour-taste-buds-grow.htm {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090810001414/http://www.scenta.co.uk/Home/1061938/how-sour-taste-buds-grow.htm |date=10 de agosto de 2009 }}.</ref>.
 
Unha característica do sabor é o denominado [[retrogusto]] que aparece cando a substancia química xa non está presente nas papilas gustativas, pero queda unha sensación persistente de sabor. Este retrogusto existe en alimentos sólidos e líquidos e emprégase na [[cata]] de certas substancias: [[viño]], [[aceite vexetal|aceites]] etc.
 
=== Elementos que afectan o sabor ===