Diferenzas entre revisións de «Juan Durán»

m
sen resumo de edición
m
A súa producción camerística está orientada a todo tipo de combinatorias instrumentais: dúos para distintos instrumentos con piano, tríos, cuartetos, quintetos, etc. Polo que se refire á música escénica é autor dunha ópera (O arame con texto orixinal de Manuel Lourenzo), dúas cantatas e unha importante producción de lieder con gran variedade de poetas e estilos, que inclúen cancións en castelán, galego, portugués, italiano e francés. Atende tamén a producción de carácter didáctico, con distintos traballos orientados tanto á materia de Linguaxe Musical como a obras instrumentais. Entre estas últimas cabe destacar: Album de Orquesta (Premio de Composición outorgado pola Universidade Carlos III de Madrid), O xardín de Margarita, O Señor Biscuit, etc.
 
Recibiu encargos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (Longa noite de pedra, cantata para barítono, coro e orquestra), Concello de Ferrol (Juegos tímbricos para quinteto de metais), [[Orquestra Sinfónica de Galicia]] (Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz, cantata para soprano, barítono, coro e orquestra, con texto de Miguel Anxo Fernán-Vello), Festival Mozart (felizcumpleañosmozart.com), Real Filharmonía de Galicia (Divertimento), etc.
 
O seu compromiso coa música galega maniféstase, tamén, en traballos de recuperación do patrimonio histórico, como orquestracións de obras de Juan Montes, Juan José Castro “Chané” ou Marcial del Adalid, de quen reconstruiu a súa ópera Inés e Bianca, por encargo do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.
7.415

edicións