Alicornio (barco): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 72:
Tras dous días navegando rumbo leste, o vixía anuncia un barco [[Pirata]] a [[babor]]. O Alicornio, intentando escapar do navío filibustero, vira alonxándose deste. Asía todo, os piratas son máis rápidos que O Alicornio. O Cabaleiro [[Francisco de Hadoque]] ordena cargar os canóns, disparando contra o barco inimigo e o alcanza cos seus disparos. O capitán pirata do barco inimigo, [[Rackham o Roxo]], anuncia ao Galeón Real que será unha loita sen cuartel izando o pabellón vermello no [[pao de mecena]], a vida ou morte. O pirata colócase detrás do Alicornio para evitar o lume dos canóns, e logo pasa baixo a popa deste. Os filibusteiros pasan ao abordaxe, e varios homes de ambos bandos resultan mortos e feridos. Durante o combate, Francisco mata ao lugartenente de Rackham o Roxo, Diego o Navarro.
 
Durante a batalla, Francisco é golpeado por unha roldana e perde a consciencia. Máis tarde, os membros da tripulación do "alicornio" aínda vivos son asasinados e arroxadosbotados ao mar. Francisco recupera a conciencia, atopándose atado ao pau maior. O barco pirata está danado e afundido, polo que Rackham o Roxo traslada o seu tesouro a bordo do Alicornio. O barco navega cara a unha illa deshabitada. Cando está ancorado preto da costa da illa, Francisco consegue liberarse das súas ataduras e descende baixo a cuberta ata a [[Santabárbara]] (onde se gardan todas as municións e a pólvora) do ''Alicornio''. Mentres está, atopase con Rackham por última vez, matándoo nun combate de espadas. Antes de escapar nunha barca do barco, é capaz de prender a pólvora mediante unha mecha a lume lento, provocando que o 'Alicornio' (coa tripulación borracha de Rackham e presuntamente o tesouro de Rackham aínda a bordo) explotase e afundise. {{sfn | Hergé | 1943 | pp = 15–26}}
 
Viviu dous anos cos indíxenas, que fixeron un fetiche do Cabaleiro. Este, pola súa parte, espetou unha cruz na cima do monte da illa e contou todos os días que pasaban cunha raia pequena para os días da semana e unha gran para os domingos, como [[Robinson Crusoe]].
Liña 78:
Despois, un barco recolleuno e devolveuno ao seu país. Escribiu as súas [[memorias]], que foron herdadas polos seus fillos ata o [[Capitán Haddock]]. Ademais, fabricou tres modelos do Alicornio en miniatura para os seus tres fillos. Díxolles que quitaran o pau maior, para "que a verdade fose completa". O que non sabían os seus fillos era que ao remover o pau maior atoparíanse cun pergamiño, que, ao unilo cos outros dous, revelaba as [[coordenadas]] onde estaba a [[illa]] preto de onde afundíu o Alicornio. Dita illa non aparece en ningún [[mapa]].
 
Na actualidade, Tintín, o seu can [[Milú]], e os seus amigos o capitán Haddock e o [[profesor Tornasol]] seguen coordenadas que Francisco deixara aos seus tres fillos nun estraño enigma escondido en tres modelos do barcos ''Alnicornio''. Xuntando ás coordenadas, descobren a illa e, ao mergullarse, atopan o pecio do 'Alicornio'. Aínda que recuperan varios artefactos, non atopan o tesouro. De volta a Bélxica, Tintín entende que a mensaxe de Francisco se refería, non á ubicaciónlocalización do "Alicornio", senón a un globo terraqueo montado nunha estatua na antiga casa de Francisco. Entendendo agora que Francisco nunca abandonara o tesouro e o levara con el á súa casa, Tintín localiza as coordenadas do tesouro no globo, preme un botón segredo que atopa alí e descobre o tesouro de Rackham o Roxo escondido dentro. {{ sfn | Hergé | 1944 | pp = 1–62}}
 
==Notas==