Barco Branco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
[[Ficheiro:WhiteShipSinking.jpg|miniatura|O naufraxio do ''White Ship'']]
O '''''Barco Branco''''' (cuxo nome orixinal en francés era ''Blanche-Nef'', tamén coñecido polo seu nome en inglés "''White Ship''") foi un barco real normando que se afundiu na [[Canal da Mancha|canle da Mancha]] ([[Normandía]]) preto da costa de [[Barfleur]], o [[25 de novembro]] de [[1120]].
 
[[Guillermo Adelin|Guillerme Adelin]] morreu durante o naufraxio, o único fillo lexítimo do rei [[Henrique I de Inglaterra]], xunto á súa corte. [[Guillerme de Malmesbury]] escribiu: "Aquí tamén morreron con Guillerme Adelin, Richard, outro dos fillos do rei, a quen unha muller sen rango déralle, antes da súa adhesión un mozo valente e querido polo seu pai pola súa obediencia, [[Ricardo de Avranches]], segundo Conde de Chester, e o seu irmán Otheur, [[Geoffroy Ridel]], [[Évrecy|Gauthier d'Évrecy]], Geoffroy, Arcediano de Hereford, a condesa de [[Chester]], a sobriña do rei [[Lucia Mahaut de Blois]], e moitos outros... Ningún barco trouxera tanta miseria a Inglaterra". Só sobreviviu unha persoa.
Liña 12 ⟶ 11:
O ''Blanche-Nef'' era un barco novo propiedade de [[Thomas FitzStephen|Thomas Fitz Estienne]] (''fitz'' significaba "fillo"). O pai de Thomas, Estienne Airard, fora capitán de barco de [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o Conquistador]], cando invadiu Inglaterra o 1066. Ofreceuse a [[Henrique I de Inglaterra]], que o usou para volver a Inglaterra desde Barfleur. Henrique xa fixera os preparativos da viaxe, pero suxeriu que o seu fillo Guillerme Adelin viaxase no seu lugar.
 
Pero cando saíu na escuridade da noite, o seu costado de babor chocou contra unha roca mergullada (esta pedra aínda pode ser vista desde os cantiiscantís de Barfleur), e o barco afundiuse rapidamente. O único sobrevivente coñecido foi un carniceiro de [[Ruán|Ruan]] que foi recollido polos pescadores á mañá seguinte.
 
No relato da catástrofe, o cronista [[Orderic Vitalis]] afirmou que cando Thomas FitzStephen saíu á superficie despois do afundimento e soubo que Guillerme Adelin non sobrevivira, deixouse afogar en lugar de enfrontarse ao rei. A exactitude deste relato é dubidosa xa que describe lúa chea, pero as táboas do ceo da [[NASA]], que inclúen axustes baseados no [[Calendario gregoriano|Calendario Gregoriano]] ao [[Calendario xuliano|Calendario Xuliano]] en uso durante o [[século XII]], mostran que a lúa era en realidade nova aquela noite.