Pier Maria Baldi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
No que respecta a Galiza, [[Antonio Bonet Correa]] salienta o carácter excepcional que teñen as vistas das cidades galegas, sendo as [[acuarela]]s de Baldi os únicos testemuños debuxados ou pintados que se conservan da [[Idade Moderna]].<ref>{{Cita libro |nome=Antonio |apelidos={{Versaleta|Bonet Correa}} |título=La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII |ano=1984 |editorial=CSIC |lugar=Madrid |lingua=es |isbn=8400026462 |páxina=36}}</ref> A propia vista da Coruña inspirou o mural de [[Urbano Lugrís González|Urbano Lugrís]] realizado na [[década de 1950]] e declarado [[Ben de Interese Cultural]] en [[2017]].<ref>{{Cita libro |url=https://www.afundacion.org/docs/galeria/Lugris_paredes_sonadas_muestra.pdf |título=Lugrís, paredes soñadas |ano=2017 |editorial=[[Afundación]] |páxina=5 |lingua=es |isbn=978-84-617-9473-7}}</ref> Alén disto, Baldi foi un dos primeiros autores que representou o [[escudo de Galiza]] coa [[cruz de Santiago]] acolada, fórmula que perdurou até o [[século XX]].<ref>{{Cita libro |nome=Eduardo |apelidos={{Versaleta|Pardo de Guevara}} |ligazón-autor=Eduardo Pardo de Guevara |nome-editor1=Xosé Ramón |apelidos-editor1=Barreiro Fernández |ligazón-editor1=Xosé Ramón Barreiro |nome-editor2=Ramón |apelidos-editor2=Villares |ligazón-editor2=Ramón Villares |título=Os Símbolos de Galicia |url=http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2007_Os-simbolos-de-Galicia.pdf |ano=2007 |editorial=Santiago de Compostela: [[Consello da Cultura Galega]]; A Coruña: [[Real Academia Galega]] |isbn=978-84-96530-46-1 |páxinas=33-78, en 61 |capítulo=O escudo de Galicia. Orixe, significacións e evolución |url-capítulo=http://digital.csic.es/bitstream/10261/23125/1/E_%20Pardo%20Escudo%20de%20Galicia-1.pdf}}</ref>
 
[[Ficheiro:Debuxo de Tui por Pier Maria Baldi (1669).jpg|miniatura|centro|upright=3|Cidade de [[Tui]], acuarela de Pier Maria Baldi, 1669.<br/>Embaixo á esquerda debúxase o propio artista esbozando en vivo.{{Sfn|{{Versaleta|Gómez Iparraguirre}}|{{Versaleta|Mera Álvarez}}|{{Versaleta|Vigo Trasancos}}|2004|p=610}}]]
 
Son estes debuxos o máis salientábel da súa obra, na realidade escasa e mal coñecida. En [[1680]] foi nomeado capataz das obras granducais en [[Pisa]] e [[Livorno]], mais do seu traballo como arquitecto tan só se coñece a construción dunha fonte monumental deseñada por el na praza de Santa Croce de Florencia, remodelada no [[século XIX]]. Da súa pintura, perdido o retrato do cardeal [[Leopoldo de Médici]] do cal hai rexistro documental, resta a pintura dun altar coa Virxe do Rosario e santo Domingo na igrexa suprimida de Santo Domingo al Maglio e un fresco co bautismo de santo Agustín no claustro de [[Basílica do Santo Spirito|Santo Spirito]].{{Sfn|{{Versaleta|Chiarelli}}|1963|p=}}