Olvido García Valdés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 11:
O volume ''Esa polilla que delante de mí revolotea. Poesía reunida (1982-2008)'', recolle a súa obra poética entre esas datas. Posteriormente publicou ''Lo solo del animal'' (2012). Entre outros premios, obtivo en 2007 o Premio Nacional de Poesía por ''Y todos estábamos vivos''. Ten libros traducidos ao sueco, francés, inglés, italiano e polaco; igualmente os seus poemas apareceron en alemán, portugués, romanés, grego, árabe e chinés.
 
É tamén autora do ensayo biográfico ''Teresa de Jesús'' (2001), de textos para catálogos de artes plásticas (Zush, Kiefer, Vicente Rojo, Tàpies, Juan Soriano, Bienal de Venecia 2001, Broto...) e de numerosos ensaios de reflexión literaria. Traduciu ''La religión de mi tiempo'' e ''Larga carretera de arena'' de [[Pier Paolo Pasolini]], e (en colaboración) a antoloxía de [[Anna Akhmatova]] e [[Marina TsvetaievaTsvetaeva]] ''El canto y la ceniza'', así como ''El resto del viaje y otros poemas'', de [[Bernard Noël]].
 
Foi codirectora da revista ''Los Infolios'' dende 1987, e membro do consello editor da hispano-portuguesa ''Hablar/Falar de Poesia'', creada en 1996; tamén foi cofundadora de ''El signo del gorrión'', e pertenceu ao seu consello editorial durante os seus dez anos de vida (1992-2002).