Diferenzas entre revisións de «Arnold Joseph Toynbee»

Engádese contido e nota.
m (Introduciendo ficha)
(Engádese contido e nota.)
 
== Traxectoria ==
Sobriño do historiador da economía, [[Arnold Toynbee]], con quen o confunden a miúdo, Arnold J. Toynbee naceu en [[Londres]], estudou na [[Universidade de Oxford]]. En 1912 empezou o seu traballo de profesor no mesmo centro, onde pasou ao [[King's College de Londres|King's College]] (ensinando [[grego moderno]] e historia do [[imperio bizantino]]) e a [[London School of Economics]], os dous na [[Universidade de Londres]]. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] e tamén durante a [[Segunda Guerra Mundial]] traballou para os servizos de intelixencia do ''Foreign Office'' británico e, ao final da guerra, asistiu como delegado á [[Conferencia de Paz de París (1919)|Conferencia de Paz de París de 1919]].
 
A súa irmá, [[Jocelyn Toynbee]] ([[1897]]-[[1985]]) foi tamén unha recoñecida historiadora, [[Arqueoloxía|arqueóloga]] e [[Numismático|numismática]].<ref name=":3">"[http://arthistorians.info/toynbeej Toynbee, J. M. C.]". ''Dictionary of Art Historians''.</ref>
 
== Obra ==
A súa obra principal “Un estudo da historia” (título orixinal: ''A Study of History''), en doce volumes aparecidos entre 1934 e 1961, é unha análise da historia mundial e as civilizacións nas que Toynbee aprecia uns ciclos de auxe e decadencia, aínda que sen o [[determinismo]] apuntado por [[Oswald Spengler]].
 
As súas teorías han ter moito eco e influencia, algúns críticos, porén, creen que Toynbee dá demasiada influencia á [[relixión]] na evolución das civilizacións.
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
{{Control de autoridades}}
19.789

edicións