Michelangelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xuízo final: Xuízo Final (Michelangelo)
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Michelangelo_Buonarroti_Piazza_Campidoglio.jpg" que foi borrado en Commons por Green Giant. Motivo: per [[:c:Commons:Deletion requests/File:Michelangelo Buonarroti
Liña 340:
 
Logo de Florencia, en Roma tamén desenvolveu unha etapa arquitectónica durante as súas dúas últimas décadas de vida; así en 1546 encargóuselle a urbanización da [[praza do Campidoglio]] ou ''Campidoglio''. Durante a visita do emperador [[Carlos I de Austria|Carlos I]], o papa [[Paulo III, papa|Paulo III]], entre as diversas realizacións para o ornamento da cidade con ocasión deste recibimento, fixera trasladar algunhas esculturas ao monte do [[Capitolio]]: en 1537 colocouse a estatua ecuestre de bronce de [[Marco Aurelio]], símbolo da autoridade imperial e por extensión da continuidade entre a Roma imperial e a papal; esta escultura debía de ser o centro de partida de toda a urbanización. Michelangelo, para que houbese unha visión unitaria, dispuxo o Palacio dos Senadores (sede do concello) no fondo da praza, cunhas escalinatas tanxentes á fachada; e delimitada aos lados por dous palacios: o Palazzo dei Conservatorio e o chamado Palazzo Novo construído ex-novo, ambos converxentes cara á escaleira de acceso ao Capitolio. Os edificios, actualmente [[Museos Capitolinos]], foron dotados dunha orde xigante con [[pilastra]]s [[orde corintia|corintias]] na [[fachada]], [[cornixa]]s e [[arquitrabe]]s, e proxectadas diverxentes, non paralelas, de maneira que a praza quedaba en forma de [[trapecio]], para conseguir a ilusión óptica de máis profundidade.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Hernández Perera|1988|p= 40}}</ref>
 
[[Ficheiro:Michelangelo Buonarroti Piazza Campidoglio.jpg|esquerda|miniatura|Reconstrución axonométrica do proxecto de Michelangelo para o [[Capitolio]].]]
O motivo empregado no pavimento da praza, deseñouse cunha retícula curvilínea inscrita nunha elipse centrada no basamento da estatua de Marco Aurelio, e dividida en doce seccións, que recorda o símbolo usado na antigüidade para os doce signos do [[zodíaco]], en alusión á cúpula celestial. Tamén é unha referencia á arquitectura cristiá, co símbolo dos doce apóstolos. O tratamento que fixo Michelangelo parecíase ao tipo de ''schemata'' medieval para coordinar o ciclo lunar con outras interpretacións como as horas e o zodíaco, tomando como exemplo para estas claves simbólicas as do [[manuscrito]] do século X do ''De Rerum Natura'' de Santo [[Isidoro de Sevilla]] (que trata sobre astronomía e xeografía).<ref>Ackerman (1997), pp. 165-167</ref>