Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 481:
<span style="border:1px solid #000; padding:1px; font-size:100%;">&nbsp;O Cebreiro - Liñares - Hospital - Padornelo - Fonfría - O Biduedo - Fillobal - Pasantes - Ramil - Triacastela&nbsp;</span>
 
Por fin, o peregrino intérnase por [[Galicia|terras galegas]], aínda con 151&nbsp;km por diante ata rematar o Camiño en Santiago. O itinerario histórico segue, en certos tramos, pegado á estrada LU-633. No século XVI abriuse unha vía alternativa por Lugo, dadas as dificultades do Camiño nos Ancares e a penosa situación daquela do hospital de Cebreiro; esta ruta transcorría por La Faba, [[Doncos, As Nogais|Doncos]], [[Becerreá]], [[Bóveda]]{{cómpre cita||non estará Bóveda moi moi a desmán entre Becerreá e Lugo; non será Baralla?}} e [[Lugo]], para conectar co Camiño francés en Palas de Rei.
 
[[Liñares, Pedrafita do Cebreiro|Liñares]] (''Linar de Rege'', no ''Calixtino'') é a primeira localidade, coa igrexa de Santo Estevo, prerrománica pero reconstruída en 1963. Case un quilómetro despois pasa polo Alto de San Roque (1.270 m), onde se instalou un monumento ó peregrino, obra de [[José María Acuña López|José María Acuña]] <ref>Autor tamén de monumentos semellantes no Monte do Gozo e en San Caetano (Santiago).</ref>.