Diferenzas entre revisións de «Margaux Hemingway»

Recuperando 2 fontes e etiquetando 1 como mortas.) #IABot (v2.0
(Retiro en uso)
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 1 como mortas.) #IABot (v2.0)
 
 
=== Inicios como modelo ===
Con 1,80&nbsp;m de estatura, Margaux Hemingway tivo éxito como modelo, incluíndo un contrato millonario en dólares para [[House of Fabergé|Fabergé]] como imaxe do perfume Babe na década de 1970.<ref>[http://www.ew.com/ew/article/0,,256227,00.html Entertainment Weekly: ''Papa's Little Girl'']</ref> O seu lucrativo contrato con Fabergé foi o primeiro contrato por un millón de dólares outorgado a unha modelo.<ref name="psychologytoday.com">{{Cita web |url=http://psychologytoday.com/articles/pto-19961201-000030.html |título=Psychology Today. ''What Killed Margaux Hemingway?'' |dataacceso=10 de setembro de 2008 |url-arquivo=https://archive.is/20070501200441/http://psychologytoday.com/articles/pto-19961201-000030.html |data-arquivo=101 de maio de 2007 |urlmorta=si }}</ref> O 16 de xuño de 1975 apareceu na portada de ''[[Time]]'' que a denominaba como unha das "novas belezas".<ref>[http://www.time.com/time/covers/0,16641,19750616,00.html Time Magazine Archives]</ref> O 1 de setembro de 1975 apareceu na portada de ''American Vogue'' onde denominaban a Hemingway a nova [[supermodelo]].<ref>[https://archive.is/20120529200440/img.inkfrog.com/pix/cooperama/DL726TALSFST.jpg Vogue cover scan. Edición do 1 de setembro de 1975]. Archived from Ebay.co.uk.</ref>
 
No capítulo de ''[[E! True Hollywood Story]]'' dedicado á vida de Margaux, o seu mentor e grande amigo [[Zachary Selig]] discutiu a forma en que axudou a lanzar a carreira inicial de Hemingway co seu primeiro traballo de comercialización e relacións públicas, a partir do que se converteu nunha celebridade mundial, Selig introduciuna no [[ioga]] e no [[Kundalini]] Solar e no paradigma ''[[Codex]] Relaxatia'' como ferramentas para o éxito e para superar algúns dos seus trastornos mentais. Selig e Hemingway pasaron un tempo coa familia de Hemingway na súa propiedade de Ketchum preto de [[Sun Valley, Idaho|Sun Valley]], onde ambos estudaban Kundalini Solar, ioga e meditación xuntos. Margaux continuou a empregar estas técnicas de relaxación durante o resto da súa vida.<ref name="E! True Hollywood Story, imdb">[http://www.imdb.com/title/tt0769571/ ''E! True Hollywood Story''. Margaux Hemingway, season 1, episode 4. 1997.]</ref>
 
Durante o apoxeo da súa carreira como modelo a finais da década de 1970, Margaux era unha asidua da discoteca [[Studio 54]], moitas veces acompañada de celebridades como [[Liza Minnelli]], [[Halston]], [[Bianca Jagger]], [[Andy Warhol]] e [[Grace Jones]]. Foi nestes ambientes sociais en que Hemingway comezou a experimentar co alcohol e as drogas.<ref>[http://psychologytoday.com/articles/index.php?term=19961201-000030&page=2 Psychology Today: ''What Killed Margaux Hemingway?'']{{Ligazón morta|data=febreiro de 2020 }}</ref>
 
Margaux debutou no cinema en 1976 no filme de [[Lamont Johnson]] ''[[Lipstick (filme de 1976)|Lipstick]]'' xunto coaa súa irmá Mariel, que tiña catorce anos.
122.093

edicións