Spiderland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 17:
'''''Spiderland''''' é o segundo e derradeiro álbum da banda [[estadounidense]] de [[post-rock]] [[Slint]], publicado o [[27 de marzo]] de [[1991]] a través do selo [[Touch and Go Records]]. Cunhas dinámicas dramaticamente alternas e unhas voces que van dende a palabra falada ata os berros, o disco contén letras que fan fincapé na alienación. ''Spiderland'' foi a primeira edición con Touch and Go, e o derradeiro álbum do grupo.
 
Aínda que ''Spiderland'' non foi amplamente recoñecido tras o seu lanzamento inicial, finalmente vendeu máis de 50.000 copias e converteuse nunha peza clave da música ''underground'' tras a separación de Slint. O álbum foi moi influente nos estilos de moitas bandas de [[post-rock]] e [[math rock]], como [[Mogwai]] e [[Godspeed You! Black Emperor]], e foi nomeado como favorito por varios músicos de [[indie rock]]. No ano [[2007]] Slint reuníuse para unha xira na que nos concertos tocaron ''Spiderland'' na súa totalidade.
 
En novembro de 2003 a publicación en liña [[Pitchfork Media]] colocou a ''Spiderland'' no posto 12 da súa lista dos mellores álbum dos anos 90.<ref>{{Cita web|título=Top 100 Albums of the 1990s - Page 9|url=https://pitchfork.com/features/lists-and-guides/5923-top-100-albums-of-the-1990s/?page=9|páxina-web=Pitchfork|data-acceso=2020-02-16|lingua=en}}</ref>
 
== Listaxe de cancións ==