Pedro Fernández de Castro y Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
Liña 47:
 
== Obra literaria e loita polos dereitos do reino de Galicia ==
[[Ficheiro:Historia del buho de Pedro Fernandes de Castro, VII conde de Lemos (1601-1622).png|miniatura|''Historia del buho'' de Pedro Fernández de Castro.]]
O interese do VII Conde de Lemos pola literatura, unha constante na saga dos [[Condes de Lemos]], e moi probablemente, inspirado polo seu tío, o Cardeal [[Rodrigo de Castro Osorio]], levoulle a escribir numerosas cartas de gran valor; máis de duascentas consérvanse no [[Arquivo Histórico Nacional]], téndose perdido a maior parte da súa abondosa, e coñecida por outras fontes, correspondencia cos escritores do [[Século de Ouro]]. Consérvanse así mesmo poemas: unhas décimas, gardadas na [[Biblioteca Nacional de España]], códice 86, unhas redondillas, un soneto, unha glosa sobre unha décima do príncipe Filipe, un Romance, e coñéceselle a autoría de varias comedias e obras de teatro, hoxe perdidas; sábese con certeza da existencia dunha, titulada "''A casa confusa''", outra "''Expulsión dos Mouriscos''", e unha terceira que se coñece por unha crónica anónima conservada na [[Real Academia da Historia]], e da cal ignórase o título.