Diferenzas entre revisións de «Domingo Quiroga»

m
data nacemento e referencias
m (lig int)
m (data nacemento e referencias)
{{Biografía}}
'''Domingo Antonio Quiroga Ríos''', nado na [[A Coruña|Coruña]] eno [[27 de xuño]] de [[1900]]<ref>''La Voz de Galicia'', 1-11-1978, p. 35.</ref> e finado na mesma cidade o [[4 de outubro]] de [[1991]],<ref>''La Voz de Galicia'', 5-10-1991, p. 1.</ref> foi un investigador e xornalista galego, experto pesqueiro, e defensor dunha pesca responsábel e da protección do medio ambiente mariño.
 
== Traxectoria ==
Estudou no Seminario de santiago de Compostela sete cursos, pero abandonou para emigrar. Entre [[1920]] e [[1930]] permaneceu en [[Estados Unidos de América|EEUU]], [[México]] e [[Cuba]], traballando como redactor de ''[[Eco de Galicia]]'' (da que foi subdirector) e ''[[Heraldo de Galicia (A Habana)|Heraldo de Galicia]]'' e como colaborador de ''El País''. Foi fundador da Alianza Republicana Española de Cuba en [[1929]]. Ao seu regreso a Galicia en 1930 reanudou os seus traballos na prensa en ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]''. Na [[Segunda República Española|República]] aprobou as oposicións a administrativo da Subsecretaría da Marina Civil en 1933, sendo destinao primeiro a Rivadesella[[Ribeseya]], pasando posteriormente á Delegación Marítima da Coruña e en 1936 á Axudantía de Marina de [[Noia]]. Colaborou en ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[Industrias Pesqueras]]'' e foi correspondente de periódicos de Cuba en Galicia.<ref>"Domingo Quiroga y «El franquismo en Galicia»", ''La Voz de Galicia'', 10-9-1992, p. 22.</ref> Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] refuxiouse en [[Vilagarcía de Arousa]] onde foi detido o 25 de agosto. Foi sometido a consello de guerra na Coruña e condenado a prisión. Estivo recluído na prisión provincial da Coruña.<ref>{{Cita libro |título= La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941|nome= Marcelino|apelidos= Abuín Duro|ligazónautor= Marcelino Abuín Duro|ano= 2018|editorial= Sociedad Bibliográfica de Galicia|lugar= Abegondo|isbn= 978-84-09-02453-7|páxinas= 183-184|dataacceso= |url=}}</ref> En maio de 1938 foi cesado como auxiliar de oficinas da Mariña Civil.<ref>''El Correo Gallego'', 10-5-1938, p. 4.</ref> Despois da guerra foi xulgado polo [[Tribunal Especial de Represión da Masonería e do Comunismo]] e inhabilitado. Exiliouse en Cuba.
 
En [[1955]] foi nomeado Oficial de Pesquerías pola [[Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura|FAO]], dous anos despois foi trasladado ao Esquema de Integración Centroamericana, con residencia no [[O Salvador|Salvador]], e en [[1958]], tamén pola FAO, foi enviado ao Instituto Nacional de Pesca de [[Cuba]]. Dende 1961 ata 1965 permaneceu no Instituto Nacional de Pesca de [[Ecuador]]. Experto mundial en recursos pesqueiros pola [[FAO]] (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), foi o primeiro presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia ([[ADEGA]]) e cofundador da Asociación de Armadores da Coruña. Ademais, tivo un papel sobranceiro na defensa dos recursos naturais e do medio ambiente de Galicia.
 
EscritorA partir de 1968 foi escritor habitual en ''[[La Voz de Galicia]]'' dende a columna titulada "Panes y Paces", chamou a atención sobre a necesidade de preservar a integridade ambiental da nosa costa, defendendo a pesca e os pescadores artesanais fronte á actividade pesqueira intensiva.
 
Rn 1973 recibu o premio Fernández Latorre. En [[1983]] foille concedida a medalla ao mérito social marítimo do Instituto Social da Mariña. Foi académico correspondente da [[Real Academia Galega]].
 
== Obra en galego ==
* ''La pesca de arrastre en Galicia y sus problemas'', [[1961]], Galaxia.
* ''La pesca de la merluza con nudo gordiano'', [[1968]].
 
== Recoñecementos ==
* En 1952 o Centro Galego de Bue­nos Aires concedeulle o premio Valle Inclán pola súa obra ''Padre Maestro''.
* En xullo de 1955 foi nomeado académico correspondente da [[Real Academia Galega]].
* En 1973 recibu o premio Fernández Latorre.
Rn 1973 recibu o premio Fernández Latorre.* En [[1983]] foille concedida a medalla ao mérito social marítimo do Instituto Social da Mariña. Foi académico correspondente da [[Real Academia Galega]].
 
== Vida persoal ==
 
Casou con Aida Lorenzo Rodríguez (finada o 2 de marzo de 1994) e foi pai de Ricardo e [[Héctor Quiroga Lorenzo]].<ref>''La Voz de Galicia'', 3-3-1994, p. 41, 79.</ref>
 
== Notas ==
 
{{Listaref|02}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
{{ORDENAR:Quiroga Rios, Domingo}}
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá]]
 
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]]
 
[[Categoría:Xornalistas da Coruña]]
[[Categoría:Exilio galego]]
95.565

edicións