Enya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado referencias
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Iniciouse na carreira musical cun grupo de música celta chamado [[Clannad]], que significa "Familia".<ref name=musician1989>{{Cita publicación |xornal=Musician |data=Maio de 1989 |título=Enya: Clannad's Little Sister Sails Away |nome=Michael |apelidos=Azerrad |url=http://www.enyabookofdays.com/articles/wm-25.htm |data-acceso=15 de febreiro de 2020 |url-arquivo= https://web.archive.org/web/20160304092646/http://www.enyabookofdays.com/articles/wm-25.htm |data-arquivo=4 de marzo de 2016 }}</ref> Pertencente a unha familia de músicos,<ref>{{Cita web|url=http://www.musicandmeaning.com/site/enya_ksca_2.html|título=Enya interview on KSCA-FM (Transcript) – Part 2|editor=Musicandmeaning|ano=1996}}</ref> en [[1982]] uniuse a [[Nicky Ryan|Nicky]] e [[Roma Ryan]] coa intención de compor bandas sonoras para películas: a primeira encarga importante foi para o documental británico ''The Celts''; aínda que o éxito chegou da man de ''Watermark'', que sentou o esquema xeral que ían seguir todos os seus discos. Dende [[1987]], a cantante compón e produce as súas propias obras.
 
Xunto a algúns temas instrumentais, acostuman ter un oco as cancións na súa lingua materna, o [[lingua irlandesa|irlandés]], e ás veces en [[lingua latina|latín]]. Así mesmo, ten cancións en [[lingua galesa|galés]], [[lingua española|español]], as linguas imaxinarias d´[[O Señor dos Aneis]] ou o [[lingua xaponesa|xaponés]].<ref>{{cita web |url=http://worldmusic.about.com/od/bandsartistsaz/p/Enya.htm |título=Enya Profile – Celtic New Age Music Star Enya |páxina-web=Worldmusic.about.com |data-acceso=20 de febreiro de 2020 |url-arquivo= https://web.archive.org/web/20090713094248/http://worldmusic.about.com/od/bandsartistsaz/p/Enya.htm |data-arquivo=13 de xullo de 2009}}</ref> Mais a lingua maioritaria é o [[lingua inglesa|inglés]].