Margaux Hemingway: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de es:Margaux Hemingway
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de febreiro de 2020 ás 15:45

Margot Louise Hemingway, Margaux Hemingway (16 de febrero de 1954[1]1 de julio de 1996) fue una supermodelo y actriz estadounidense.

Infotaula de personaMargaux Hemingway

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1954 Editar o valor em Wikidata
Portland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xullo de 1996 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Sobredose de barbitúricos Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónCatlin Gabel School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , modelo , actriz de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor em Wikidata - 1996 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisJack Hemingway (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Byra Louise Whittlesey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMariel Hemingway (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000029 Allocine: 36642 Rottentomatoes: celebrity/margaux_hemingway Allmovie: p31658 TCM: 84465 TV.com: people/margaux-hemingway
Discogs: 2684021 WikiTree: Hemingway-13 Find a Grave: 2185 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Primeiros anos

Margaux Hemingway, naceu en Portland, Oregón, irmá máis vella da actriz Mariel Hemingway e neta do escritor Ernest Hemingway. Cando descubriu que fora bautizada como o viño Château Margaux, que os seus pais Puck e Jack (fillo máis vello de Ernest), estaban bebendo a noite en que foi concibida, cambio a ortografía orixnal de "Margot" a "Margaux" para facelos coincidir.[2] Ademais de Mariel tivo outra irmán, Joan. Creceu na granxa do seu avó en Ketchum, Idaho. Durante a súa vida loitou contra diversos trastornos, ademais do alcoholismo, incluíndo a bulimia e a epilepsia. Permitiu unha gravación de vídeo dunha sesión de terapia relacionada coa súa bulimia que foi transmitida pola televisión. Tamén sufriu dislexia.

Inicios como modelo

Con 1,80 m de estatura, Margaux Hemingway tivo éxito como modelo, incluíndo un contrato millonario en dólares para Fabergé como imaxe do perfume Babe na década de 1970.[3] O seu lucrativo contrato con Fabergé foi o primeiro contrato por un millón de dólares outorgado a unha modelo.[4] Tamén apareceu nas portadas de Vogue, Elle, Cosmopolitan e Harper's Bazaar, e apareceu o 16 de xuño de 1975 na portada de Time que a denominaba como unha das "novas belezas".[5] O 1 de setembro de 1975 apareceu na portada de American Vogue onde denominaban a Hemingway a nova supermodelo.[6]

No capítulo de E! True Hollywood Story dedicado á vida de Margaux, o seu mentor e grande amigo Zachary Selig discutiu a forma en que axudou a lanzar a carreira inicial de Hemingway co seu primeiro traballo de comercialización e relacións públicas, a partir do que se converteu nunha celebridade mundial, Selig introduciuna no ioga e no Kundalini Solar e no paradigma paradigma Codex Relaxatia como ferramentas para o éxito e para superar algúns dos seus trastornos mentais. Selig e Hemingway pasaron un tempo coa familia de Hemingway na súa propiedade de Ketchum preto de Sun Valley, onde ambos estudaban Kundalini Solar, ioga e meditación xuntos. Margaux continuou a empregar estas técnicas de relaxación durante o resto da súa vida.[7]

Durante o apoxeo da súa carreira como modelo a finais da década de 1970, Margaux era unha asidua da discoteca Studio 54, moitas veces acompañada de celebridades como Liza Minnelli, Halston, Bianca Jagger, Andy Warhol e Grace Jones. Foi nestes ambientes sociais en que Hemingway comezou a experimentar co alcohol e as drogas.[8]

Margaux debutou no cinema en 1976 no filme de Lamont Johnson Lipstick xunto coaa súa irmá Mariel, que tiña catorce anos.

Carreira posterior

O seu primeiro matrimonio, con Errol Wetson, acabou en divorcio. Coñecéronse cando, aos dezanove anos, acompañou o seu pai ao Plaza Hotel de Nova York en viaxe de negocios. Catro meses máis tarde trasladouse dende Idaho a Nova York para vivir con Wetson como invitado no apartamento de Selig no número 12 da rúa 72 Leste, unha residencia que foi propiedade da herdeira Gloria Vanderbilt. Foi alí onde Selig fixo presentacións sociais e de negocios a Hemingway e as seus amigos, como Marian McEvoy, editora de moda de Women's Wear Daily, o fotógrafo Francesco Scavullo, o deseñador Halston, a editora de moda Francis Stein de Vogue, e Jon Revson, curmán de Selig. Revson, descendente da familia Revson que creou os cosméticos Revlon, declinou a oferta de Selig para que Hemingway apoiase a Revlon, mentres que máis tarde asinou con Fabergé o salario máis alto da súa vida. Revson foi visitar a Selig e Hemingway para felicitala despois de que Hemingway aparecese na portada da revista Time en xuño de 1975. Marion Macelvoy rapidamente entrevistou a Margaux nunha festa dada por Selig, que deu lugar a un artigo de portada e contraportada en Women's Wear Daily que lanzou a Hemingway como estrela da moda.[7]

Por aquela época, Hemingway casou co venezolano Fauchier Bernard, e viviron en París durante un ano. Margaux divorciouse del en 1985 despois de seis anos. Ao igual que o seu avó, experimentou episodios ocasionais de depresión clínica ao longo da súa vida. Despois dun accidente de esquí en 1984, gañou 33 quilos e caeu nunha forte depresión. En 1987, rexistrouse no Betty Ford Center. Hemingway reapareceu na portada da revista Playboy en maio de 1990, e pediu á revista que contratase a Selig como director creativo do seu artigo de portada. A rodaxe tivo lugar en Belice.[9]

Hemingway experimentou dramas familiares durante toda a súa vida. A súa relación coa súa nai, Puck, estivo cargada de tensión, mais reconciliáronse antes do pasamento de Puck por mor do cancro en 1988. Margaux tamén experimentou unha forte competencia coa súa irmá máis nova, Mariel, que recibiu unha maior cantidade de eloxios polas súas interpretacións. Na década de 1990, Hemingway continuou coas acusacións de que o seu padriño abusara dela cando era nena; o seu pai e a súa madrasta, Angela, resentidos polas acusacións, deixaron de falar con ela. Angela dixo á revista People: {{cita|Jack e mais eu non falamos con Margaux durante dous anos. Margaux mente constantemente. Toda a familia non ten nada que ver con ela. Ela non é máis ca unha muller anoxada.[10]

Margaux foi gañando a vida con algúns papeis en filmes directos ao mercado do vídeo, autografando as súas fotos espida na revista Playboy, e promocionando unha liña telefónica de adivinación propiedade do seu curmán Adiel Hemingway. Pouco antes da súa morte, foi escollida para presentar a serie de aventuras ao aire libre Wild Guide en Discovery Channel.

Falecemento

O 1 de xullo de 1996, un día antes do cabodano do suicidio do seu avó, Margaux foi atopada morta no seu apartamento de Santa Monica, California. Tomara unha sobredose de fenobarbital, segundo as conclusións do forense do condado dos Ánxeles un mes despois.[11] Aínda que a súa morte foi declarada un suicidio, membros da familia discuten esa conclusión.[4] Steve Crisman, o esposo de Mariel Hemingway en 1996, dixo á revista People ese ano:

«Isto foi o mellor que vira en anos. Ela volvera ser a que era».[12]

Porén, no programa Larry King Live do 22 de decembro de 2005, Mariel dixo que aceptaba o feito de que Margaux se suicidara.[13] Os seus restos foron incinerados e enterrados no terreno da familia de Hemingway no cemiterio de Ketchum (Idaho).

Filmografía

Notas

  1. http://www.imdb.com/name/nm0000029/
  2. http://www.nytimes.com/1996/07/03/arts/margaux-hemingway-is-dead-model-and-actress-was-41.html
  3. Entertainment Weekly: Papa's Little Girl
  4. 4,0 4,1 "Psychology Today. What Killed Margaux Hemingway?". Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2008. 
  5. Time Magazine Archives
  6. Vogue cover scan. Edición do 1 de setembro de 1975. Archived from Ebay.co.uk.
  7. 7,0 7,1 E! True Hollywood Story. Margaux Hemingway, season 1, episode 4. 1997.
  8. Psychology Today: What Killed Margaux Hemingway?
  9. Hemingway, Margaux "Papa's Girl." Pictorial by Arny Freytag. Playboy Magazine, Vol. 37, Issue 5. Maio de 1990. Páx. 126-135.
  10. "A Life Eclipsed". People. 15 de xullo de 1996. Consultado o 24 de maio de 2008.  Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellido= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda)
  11. "Coroner Says Death of Actress Was Suicide". The New York Times. 21 de agosto de 1996. 
  12. Last Act, People, 2 de setembro de 1996. Consultado o 24 de setembro de 2008.
  13. "Larry King Live: Surviving Suicide of Loved One". CNN.com. 22 de decembro de 2005. Consultado o 24 de maio de 2008.