Entroido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ligazón
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎As máscaras: unifico nome artigo
Liña 39:
:* As máscaras ourensás, que pertencen aos entroidos dun arco de vilas que nace en [[Maceda]] e [[Allariz]], esténdese polo sur da provincia e remonta polo leste ata chegar á [[Ribeira Sacra]]. Son, habitualmente, máscaras coloristas que cobren a cara, realizadas moitas delas en madeira e que teñen como misión meter medo, asustar, bater nos veciños ou escorrentalos. Aínda que ás veces van en grupo, a súa presenza é habitualmente individual. Entre elas están os [[cigarrón]]s de [[Verín]], os [[peliqueiro]]s de [[Laza]], os [[felo]]s de [[Maceda]], os [[boteiro]]s de [[Vilariño de Conso]], de [[Manzaneda]] e de [[Viana do Bolo]], as [[Charrúa (entroido)|charrúa]]s de [[Allariz]], as [[pantalla (entroido)|pantallas]] de [[Xinzo de Limia|Xinzo]], os [[vergalleiro]]s de [[Sarreaus]], os [[murrieiro]]s da Teixeira, os [[troteiro]]s de [[Bande]], as [[Bonita (entroido)|bonita]]s de Sande no concello de [[Cartelle]],<ref>[http://www.laregion.es/articulo/ourense/sande-reivindica-bonitas-entroido/20130930074009018885.html Sande reivindica sus 'bonitas' de Entroido] {{es}}</ref> os [[vellarrón]]s de [[Riós]] etc.
 
:* As máscaras da zona atlántica, nunha zona non continua que vai dende [[Cangas]] e [[Vilaboa]] ao sur ata as comarcas do [[comarca de Deza|Deza]] e o val do [[Ulla]]. Son traxes tamén coloristas, pero que frecuentemente deixan o rostro descuberto. Neles o traballo individual de elaboración do vestido é importante, pero máis o é a ''performance'', que adoita ser colectiva. É o caso dos [[xeneral,xenerais (entroido)|xenerais]] de Deza e de Ulla, as [[damas e galáns]] de [[Cangas]] e [[Vilaboa]] e as [[madamitas|madamitas e madamitos]] do entroido de [[Cerdedo-Cotobade]].
 
Tamén existen outros costumes: