Condado de Lemos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Corrección léxica
Lles (conversa | contribucións)
m Ligazóns
Liña 13:
'''Conde de Lemos''' é un título nobiliario galego, ligado á cidade [[Galicia|galega]] de [[Monforte de Lemos]]. Nun principio, o condado de Lemos ía ligado ao de [[Casa de Trastámara|Trastámara]] e [[Sarria]], e tiña carácter non hereditario. O Condado de Lemos como título autónomo, hereditario e perpetuo comezou con [[Pedro Álvarez Osorio]].
 
Tradicionalmente estivo ligado á [[familia Castro]], segundo [[Manuel Murguía]], unha estirpe "''case real''" e segundo Hermida Balado, a única liñaxe galega que puido dar lugar a unha saga real.<ref>Martinez García, Mónica "Pedro Fernández de Castro, O Gran Conde de Lemos", Santiago de Compostela, 2005.ISBN 84-453-3763-7 {{cita|(...) ''Este hecho adquiere una mayor relevancia por la excepcional importancia nobiliaria y social de una linaje que Murguía califica de "Dinastía real" y a la que Hermida Balado considera como la única que pudo en su momento aspirar en Galicia a la formación de un reinado propio.(''p.11)}}</ref> Unha das teorías que sitúan a orixe da saga dos [[Familia Castro|Castro]], remite aos Castro de [[Castroxeriz]] como descendentes do [[Reino de Galicia|rei de Galicia]], [[García de Galicia]],<ref>Vázquez, Germán "Historia de Monforte y su Tierra de Lemos". ISBN 84-241-9865-4 {{cita|El tronco de toda la Casa de Castro es don Fernando o don Fernán Ruiz de Castro, señor de Castrogeriz por su matrimonio con doña María Álvarez, señora de aquella villa burgalesa. Don Fernando, que vivió a fines del siglo XI, de ignorado pero de regio abolengo, fue tenido por hijo ilegítimo del rey de Navarra. Otros genealogistas, entre ellos Salazar y Castro, Y Pellicer, lo consideran hijo de [[García de Galicia|Don García]], infante de Castilla, rey de Galicia y Portugal, hermano menor del emperador [[Afonso VI de Castela|Afonso VI]].(p.202)}}</ref> morto prisioneiro no [[castelo de Luna]] en 1090; [[García de Galicia]] tivo por fillo a [[Fernán Ruiz de Castro]] que casou con María Álvarez e tiveron por fillo a [[Rodrigo Fernández de Castro]], "O Calvo". O escudo da rama galega dos Castro eran seis [[Besante|besantes]] de [[azur]] en campo de prata, os cales ao longo da evolución do familia fóronse complementando con outros, como os lobos esfolados da familia Osorio.
 
''"O título de Lemos tivo un lustre e unha consideración que ningunha outra Casa da grandeza excedeu e que só as maiores igualaron"''. (F. Fdz. De Bethencourt).