Diferenzas entre revisións de «Xoán I de Brabante»

sen resumo de edición
m (Arranxos varios)
 
'''Xoán I de Brabante''', chamado ''o Vitorioso'', nado arredor do [[1251]] e finado en [[1294]], foi [[Ducado de Brabante|duque de Brabante]] desde 1267 e duque de [[Ducado de Limburgo|Limburgo]] a partir de 1288 e até a súa morte. Sucedeu no ducado ao seu irmán [[Henrique IV de Brabante|Henrique IV]], quen renunciou á coroa ducal ao alcanzar a maioría de idade. Foi fillo de [[Henrique III de Brabante|Henrique III]], duque de Brabante, e de Adelaida de Borgoña.
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos de goberno ===
Ao morrer Henrique III en [[Lovaina]] no ano 1261 deixaba catro fillos menores de idade cuxa tutela foi motivo de disputas. O maior deles, Henrique IV, presentaba ademais síntomas de agudo atraso mental, polo que a súa nai, titora por desexo dos brabanzóns fronte ás pretensións dos seus tíos, procurou transmitir o poder ao segundo dos irmáns, Xoán. Arnulfo, barón de Wesemael e almirante de Brabante, excluído do consello, declarouse en favor de Henrique provocando disensións entre os partidarios dun e outro irmán.<ref>Van Hasselt, ''Historia de Béljica y Holanda'', p. 138.</ref>
 
Xoán buscou a aproximación a Francia, casando en 1269 con Margarida, filla de [[Luís IX de Francia|san Luís rei de Francia]], morta de parto só tres anos despois, e en 1274 propiciou o enlace da súa irmá María co rei [[Filipe III de Francia|Filipe III]], defendéndoa de falsas acusacións. Inmediatamente uniuse ao exército levantado polo seu cuñado en defensa dos dereitos de [[Alfonso de la Cerda]] fronte a [[Sancho IV de Castela]]. Máis adiante, en 1285, participou tamén na [[Cruzada contra a coroa de Aragón|Cruzada de Aragón]].
 
=== Incorporación do ducado de Limburgo ===
En 1283, ao morrer sen descendencia Ermengarda, duquesa de Limburgo, o emperador [[Rodolfo I de Habsburgo]] decidiu entregar o ducado en calidade de usufruto ao viúvo de Ermengarda, [[Reinaldo I de Güeldres]]. Opúxose a tal decisión [[Adolfo V de Berg]], primo de Ermengarda, a quen segundo as leis do país correspondía a herdanza, pero xurdiron tamén outros señores que reclamaban feudos situados no interior do ducado por dereito de devolución, entre eles o arcebispo de Colonia e o bispo de [[Liexa]]. Non podendo facer valer as súas pretensións polas armas, o conde de Berg vendeu os seus dereitos ao ducado a Xoán I de Brabante, que iniciou a súa conquista. Na guerra pola sucesión do ducado víronse involucrados varios dos estados veciños, alargándose a contenda por espazo de cinco anos. A guerra concluíu coa [[batalla de Worringen]] (xuño de 1288), na que morreu [[Henrique VI de Luxemburgo|Henrique VI]], [[conde de Luxemburgo]], aliado de Reinaldo de Güeldres, e o propio Reinaldo xunto co arcebispo de Colonia resultaron cativos. A vitoria permitiu a Xoán incorporarse o ducado de Limburgo ao que renunciou Reinaldo un ano máis tarde.<ref>Van Hasselt, ''Historia de Béljica y Holanda'', pp. 140-142.</ref>
 
=== Últimos anos ===
Xoán adicou os últimos anos da súa vida a reformar a lexislación do ducado, para o que ditou a chamada ''Carta do país.'' Foi tamén poeta e coñécense del nove cancións transmitidas no Codex Manesse, onde o seu nome aparece como ''Herzoge Johans von Brabant''.
 
52.189

edicións