Ditadura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 20:
 
A pesar de que a finais do [[Antigo Réxime]] o termo desenvolveu un sentido figurado, e durante o período do [[Terror (Francia)|Terror]] da [[Revolución Francesa]] o sentido político actual<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Rey|2010|loc=Dictature|ref=rey}}</ref><ref name=saxena1/>, continuou mantendo unha certa connotación positiva da institución clásica romana. Deste xeito, as "ditaduras" de [[Oliver Cromwell|Cromwell]] en [[Inglaterra]] e [[Napoleón I de Francia|Napoleón Bonaparte]] en [[Francia]], aínda que romperan coa legalidade vixente, foron vistas polos seus contemporáneos como unha salvación para a nación fronte a un perigo existente. Mesmo [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]] e [[Karl Marx|Marx]] seguían utilizando o concepto sen connotacións negativas, de feito cando Garibaldi asume o poder en [[Sicilia]] en [[1860]], autoproclámase ditador<ref name=abal/>.
[[Ficheiro:Antonio Lopez de Santa Anna c1853 (cropped).png|miniatura|200px|[[Antonio López de Santa Ana]], ditador mexicano do [[século XIX]].]]
Coa decadencia das [[monarquía]]s hereditarias no [[século XIX]], as dúas principais formas de goberno que aparecen para substituíla son a [[democracia]] constitucional e a ditadura<ref name=saxena1/>. O concepto de ditadura comeza a adquirir o seu significado moderno vinculado a unha connotación negativa coa aparición das ditaduras soberanas ou revolucionarias, que aspiran a crear unha situación na que sexa posible impoñer unha [[constitución]] considerada auténtica que cree unha nova orde sobre os restos da anterior. Neste punto perde o seu carácter simplemente executivo, ampliándose ás funcións lexislativas e mesmo constituíntes, baixo o pretexto de que non pode apoiarse na tradición ou lexislación previa ao se tratar de fundar unha nova orde. Os modelos de ditaduras do século XIX son a Francia de [[Napoleón III de Francia|Napoleón III]] e a [[Alemaña]] de [[Otto von Bismarck|Bismark]]<ref name=abal/>.