Ditadura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 66:
 
==== Ditaduras militares ====
[[Ficheiro:Golpe de Estado 1973.jpg|miniatura|250px|Imaxe do asalto ao [[Palacio de la Moneda|Pazo presidencial da Moeda]] durante o [[golpe de estado do 11 de setembro de 1973]], que deu paso a unha ditadura militar en [[Chile]].]]
{{AP|Ditadura militar}}
As ditaduras militares xorden mediante un [[golpe de estado]] dado por un oficial ou unha xunta militar, e gobernan sen render contas tanto tempo como o oficial ou a xunta poidan ter o apoio das forzas armadas<ref name=maniruzzaman247>{{Cita Harvard sen parénteses|Maniruzzaman|1992|p=247|ref=maniruzzaman}}</ref>. A diferenza dos políticos civís que valoran sobre todo acadar e manter o cargo, os militares consideran primordial a "supervivencia e eficacia do exército en si". Debido a isto, a maior ameaza para as elites militares non é a caída do réxime, senón a división dos militares e o inicio dunha guerra civil. Calquera rivalidade ou fractura dentro da elite militar pode levalos a regresar aos cuarteis e deixar o poder voluntariamente, mesmo sen ter para eles repercusións negativas. É por isto que as ditaduras militares son as de menor duración. Tamén son moi vulnerables ás crises económicas debido ás presións internas que ditas crises poden provocar, e son as máis propensas a deixar o poder mediante unha transición negociada e ordenada<ref name=ezrow59>{{Cita Harvard sen parénteses|Ezrow|2011|pp=59-61|ref=ezrow}}</ref>. Moitas ditaduras militares teñen un gran número de persoal civil (burócratas, empresarios, políticos e tecnócratas) pero isto non significa que sexan réximes civis-militares xa que a pesar da presenza de tecnócratas e políticos renegados nos consellos de goberno, son os militares quen toman as "decisións de consecuencias decisivas"<ref name=maniruzzaman247/>.