Ditadura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 94:
 
==== Ditaduras monárquicas ====
[[Ficheiro:Hassanal Bolkiah.jpg|miniatura|200px|Retrato de [[Hassanal Bolkiah]], [[sultán de Brunei]] desde [[1967]]. [[Brunei]] é un exemplo de ditadura monárquica.]]
As ditaduras monárquicas son réximes nos que "unha persoa de ascendencia real herdou o cargo de xefe de estado de acordo coa práctica aceptada ou a constitución vixente". A lexitimidade do réxime e dos seus actores, está intimamente ligada á consanguinidade e á liñaxe familiar. Na monarquía ditatorial, o acceso aos cargos públicos, a elaboración de políticas e as forzas armadas están controladas polo monarca ou pola familia gobernante. Exclúense desta definición as monarquías cerimoniais ou constitucionais, nas que o poder político está en mans dun goberno civil, quedando relegado o monarca a un papel cerimonial sen ningún ou moi pouco poder real. Tal é o caso das monarquías europeas coma a de [[España]], [[Reino Unido]], [[Países Baixos]] ou algúns [[Países nórdicos|países escandinavos]]. En [[2011]], Ezrow e Frantz tiñan catalogadas as seguintes oito ditaduras monárquicas (entre parénteses indícase o ano de instauración do réxime): [[Arabia Saudita]] (1927), [[Brunei]] (1959), [[Emiratos Árabes Unidos]] (1971), [[Kuwait]] (1961), [[Marrocos]] (1956), [[Omán]] (1741), [[Suacilandia]] (1968) e [[Xordania]] (1946)<ref name=ezrow240>{{Cita Harvard sen parénteses|Ezrow|2011|pp=240-241|ref=ezrow}}</ref>.